Convocatoria

Para defender a nosa Sanidade Pública

Temos que movernos para cambiar a política sanitaria actual e parar a aprobación do proxecto de lei de cambio da lei galega de saúde.

Para defender a nosa Sanidade Pública
SOS 24 de xaneiro
SOS 24 de xaneiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • O colapso das urxencias é unha testemuña da política sanitaria do goberno popular
  • Demostrouse unha mala xestión da crise, con falta de iniciativa e sempre en resposta á presión social. O Conselleiro pretende xustificalo coa gripe ante a que parece ser nada podían facer
  • Demostrouse falta de planificación tanto nas urxencias como en atención primaria, na que continúan cos bloqueos de axenda, 
  • A política sanitaria actual consiste en reducir recursos públicos e privatizacións (novas liñas de negocio na sanidade), provocando debilidade e empobrecimiento da NOSA sanidade pública.
  • O proxecto de lei de cambio da lei galega de saúde:
    • confirma estas políticas,
    • confirma a posición subalterna da atención primaria en relación co hospital,
    • e o novo que ofrece é:
      • reducir a participación social limitando o control da xestión e dos obxectivos
      • eliminar áreas sanitarias coa consecuencia de contar con menos servizos no rural

Chamamos á cidadanía a participar nas mobilizacións PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE PÚBLICA.

Para defender a nosa Sanidade Pública