coidados

En Galicia a dependencia sae á rúa por precarización e despidos

As traballadoras de Atención no Fogar de Galicia volven á rúa

En Galicia a dependencia sae á rúa por precarización e despidos
Cartaz_2
Cartaz_2

SAF Chantada.- As traballadoras de Atención no Fogar de Galicia volvemos á rúa, e facémolo en distintos puntos de Galicia, debido os despedimentos a que están sendo sometidas traballadoras do sector por parte da empresa Samaín/Clece na que dende os concellos de Chantada e Ourense fixeron contratación e privatización dos Servizos dos coidados da Dependencia a cargo desta empresa, o que nos leva a unha loita nas rúas nas que seguiremos ata solucionar esta situación irregular e difícil para todas.

Os responsables deste desleixo parten por unha banda dos responsables na alcaldía de Chantada, Sr. Manuel Lorenzo Varela como alcalde do municipio xunto coa concelleira de benestar social Dona Cándida Carneiro, e na alcaldía de Ourense o Sr. Gonzalo Pérez Jácome xunto co concelleiro de benestar social Telmo Manuel Hucha, sendo responsable por parte da empresa contratada o Xerente José Antonio Virola Cantón, que conta no seu haber laboral o ter sido Coordinador do Operativo de Praias en Vigo, unha labor moi relacionada coa atención as nosas dependentes.

As consecuencias as coñecemos e as pagamos todas: despidos ilegais, encarecemento do servizo para toda a cidadanía, xerando uns beneficios que levará Clece, a multinacional propietaria de Samain, da que é dono Florentino Pérez. Precariedade, falta de medios e persoal, e pouca ou ningunha seguridade á hora de repartir EPIS e material de protección baixo unha pandemia que non cesa.

Todo co conseguinte perigo paras as persoas dependentes. Os responsables do concello, responsables últimos do servizo, miran cara outro lado ante os incumprimentos da empresa Samain-Clece.

A escaseza ou a inexistencia de medios técnicos está a producir lesiones graves as sociosanitarias que día a día teñen que facer esforzos insoportables cando teñen que atender a grandes dependentes inertes con gran peso.

Invitamos os alcaldes/as ou a concelleiros/as que nos acompañen un día de traballo a atender a unha destas persoas dependentes. O resultado son danos musculares, a maior parte das veces irreparables, que provocan baixas no persoal. Unhas doenzas que quedarán para sempre nos corpos doentes das sociosanitarias, que coidaron, coidan e coidarán, si poden, ás persoas dependentes con diferentes patoloxías que confían na nosa profesionalidade.

Ante este panorama, os gobernos municipais xunto coa avaliación dos gobernos, tanto galego como estatal, despreocúpanse totalmente pola saúde das traballadoras, cando é a obriga das diferentes institucións, vixiar a saúde das mesmas e o cumprimento que a empresa contratista ten que facer neste eido, segundo a lexislación nacional e europea, que obriga a manter e vixiar a seguridade e hixiene no traballo.

Ante os despedimentos ilegais e os diferentes incumprimentos da lexislación vixente en canto a medidas de prevención así como dos diferentes puntos do convenio actual que precariza a todo o sector galego polas privatizacións que estamos a sufrir na meirande parte dos nosos concellos, convidamos a todas as traballadoras e diferentes colectivos do sector da dependencia, a manifestarnos nas rúas, así como os diferentes medios de comunicación a asistir a rolda de prensa na que daremos máis información sobre ditas mobilizacións e as súas causas.

Si son Negocios, Non son Coidados.

En Galicia a dependencia sae á rúa por precarización e despidos