SOS Sanidade Pública
Recollida de sinaturas pola atención primaria
O mércores 25 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, estaremos no Obelisco de A Coruña para recoller sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de fortalecemento da atención primaria.
24 ene 2023
O tempo que deu o Parlamento para a recollida de sinaturas remata en febreiro e queríamos facer unha última recollida o máis grande posible.
A ILP quere chamar a atención e poñer en marcha unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a atención primaria.
Un resumo esquemático das medidas propostas é o seguinte:
- Atención presencial ou telemática decidido polo paciente.
- Resposta telefónica por unha persoa, non dun robot, non de máquinas.
- Adecuar os cadros de persoal ás necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade.
- Limitar o número de consultas diarias para permitir un tempo de atención axeitado ás necesidades dos pacientes.
- Garantir estabiliade laboral e condicións laborais adecuadas e atractivas, para fidelizar aos profesionais.
- Garantir a participación cidadá.
- Reducir as listas de espera para probas diagnósticas e para consultas hospitalarias.
- As persoas que non desexen ser atendidos en centros privados non perderán o seu posto no rexistro na lista de espera.
- Autonomía de xestión na atención primaria, sen dependencia do hospital.
- Garantir a accesibilidade sanitaria en condicións de equidade, independientemente do lugar onde se viva, xa que no medio rural hai zonas con moitas máis dificultades de acceso que o resto.
Pedímoslle á cidadanía que se acerque este día para asinar a ILP e apoiar e fortalecer a nosa sanidade pública, a nosa atención primaria.