SANIDADE PÚBLICA
26ª Marea Branca
AGENDA SOCIAL
14 jul 2017
¿Temos motivos para continuar coa Marea Branca?
Aqui temos algúns:
- 20% (1.700) de camas pechadas en toda Galicia durante o verán mentres hai mais de 300.000 galegas e galegos esperando a ser atendidos.
- Peche de 140 camas no HUAC e 50 no Hospital Abente y Lago de A Coruña.
- Peche da planta de cuidados paliativos do HULA en Lugo, enviando a moitos enfermos para súa casa e reubicando outros noutras plantas, colapsando a de Xeriatría.
- Peche da planta de medicina interna no HULA.
- Peche da planta de medicina interna do Gil Casares de Santiago.
- Peche da planta de medicina interna do Hospital Provincial de Santiago.
- Eliminación de pediatras nos concellos de Lobios, Bande, Entrimo, Muíños e Lobeira da provincia de Ourense.
- Eliminación de pediatra no concello de Chantada (Lugo).
- Falta de ambulancias en moitas zonas de Galicia.
- Seguen a producirse colapsos nos nosos hospitais.
- Bloqueos das axendas dos facultatiivos.
- Falta de persoal, emprego precario e contratos ilegais, según dictaminou a xustiza da Comunidade Europea, para as nosas profesionais.
- Ningún plan para prevenir a morte de mais dunha persoa ao día por suicidio.
Onde
No Obelisco
Cando
Domingo, 16 de xullo
Horario
12.30 horas
Organiza
Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública
Mais información