Enerxía
Oitenta quilómetros a pé de Cee a Compostela contra os plans de Ferroatlántica
Axenda social
En decembro foi unha marcha a pé entre a fábrica de Brens, en Cee, e O Ézaro, en Dumbría. Esta semana, a protesta amplía o recorrido. Partirá mañá mercores de Cee para chegar o sábado a Compostela e converterse alí nunha manifestación pola defensa das centrais de Cee e Dumbría.
O Comité de Empresa de Ferroatlántica e as asembleas de traballadores están en contra da solicitude de Ferroatlántica para a autorización administrativa para o cambio de cotitularidade e a supresión da prohibición de segregación de actividades. Desde o Comité de Empresa insisten en que se a Xunta accede a suprimir a prohibición de segregar ambas actividades "será por decisión política e deberá achegar unha sólida xustificación de cal é o interese público que xustifica esta medida". E apuntan que precisamente o obxectivo desta obrigada vinculación é garantir o emprego e a actividade das fábricas de ferroaliaxes. "As centrais son o complemento idóneo da produción de ferroaliaxes; a natureza cíclica e complementar de ambas as dúas actividades é a que xustifica o seu mantemento".
A marcha realizarase en catro etapas: o mércores, de Cee á Picota (25 quilómetros en sete horas); o xoves, da Picota a Negreira (26 quilómetros); o venres, de Negreira a Bertamiráns (12 quilómetros) e o sábado, de Bertamiráns a Compostela (11 quiñómetros en 3 horas), para ás 12:00 iniciar unha manifestación desde a Alameda.