USC

Acordo entre Erguer.Estudantes e Xerencia da USC para reducir os prezos nas cafetarías universitarias

Tras as protestas lideradas pola organización estudantil Erguer.Estudantes da Galiza e unha reunión coa Xerencia da USC en Xaneiro, acordouse a redución dos prezos das cafetarías universitarias a 6,5€, devolvendo así o prezo orixinal antes do aumento en novembro pasado.
Acordo entre Erguer.Estudantes e Xerencia da USC para reducir os prezos nas cafetarías universitarias
Negociación
Negociación

Despois de protestas e negociacións, Erguer.Estudantes da Galiza e a Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) chegaron a un acordo para reducir os prezos nas cafetarías universitarias. A medida, que entrará en vigor a primeira semana de febreiro, devolve o custo dos menús a 6,5€, restituindo o prezo anterior ao aumento a 7,5€, o que xerou descontento na comunidade universitaria.

A nova proposta, presentada pola Xerencia, asegura que a calidade dos produtos e do servizo non se verá afectada. Para garantir que os estudantes volvan gozar do prezo orixinal, integrarase un novo sistema de identificación a través da aplicación móbil da universidade. Esta tecnoloxía permitirá que as cafetarías apliquen tarifas diferentes entre estudantes, profesorado e persoas alleas ao ámbito universitario.

Dende Erguer.Estudantes consideran este acordo como un pequeno, pero fundamental paso para mellorar as condicións dos estudantes. Sinalan que é unha vitoria para toda a comunidade estudantil e manifestan que seguirán demandando prezos máis reducidos, xestión pública das cafeterías e un aumento na oferta de axudas de comedor.

Acordo entre Erguer.Estudantes e Xerencia da USC para reducir os prezos nas cafetarías universitarias