Saúde Mental

Este xoves na Comuna formalízase o Grupo de Axuda Mutua

Axenda social

Este xoves na Comuna formalízase o Grupo de Axuda Mutua
Grupo de axuda mutua
Cartel da convocatoria do Grupo de axuda mutua.

Este xoves 8 de xuño preséntase o Grupo de Axuda Mutua para mulleres con problemas de saúde mental na Coruña. A inciativa é de María Pérez, que parte dunha experiencia propia e indagou sobre os autocoidados para poder ter unha vida o máis plena posible. "Por moitos apoios que teñamos na nosa contorna, soamente quen pasamos por experiencias semellantes nos podemos entender, porque a dor psíquica é complexa, díficil de comprender para moitas persoas", explica a promotora na convocatoria do evento, que terá como escenario o Centro Social A Comuna.

Onde

Centro Social A Comuna.

Cando

Xoves, 8 de xuño

Horario

20.00 horas

Información

O Grupo de Axuda Mutua é un espazo para compartir maneiras de afrontar os problemas, recursos para unha vida máis saudable, e para escoitar e escoitarnos. Non depende de ningunha entidade nin institución nin hai profesionais ao cargo.
Convocatoria en Facebbok: https://www.facebook.com/search/top/?q=centro%20social%20a%20comuna



 

Este xoves na Comuna formalízase o Grupo de Axuda Mutua