AXENDA SOCIAL
Marea Atlántica celebra os dous anos no goberno municipal da Coruña
O vindeiro domingo 25 de xuño a Marea Atlántica celebra os dous primeros anos en María Pita cun encontro aberto no Campo da Leña
"Dous anos en común... e seguimos"
Onde
Campo da Leña
Cando
Domingo, 25 de xuño
Horario
12.00 horas
Intervirán
- -Xulio Ferreiro, Marea Atlántica
- -Gala Pin, Barcelona en Comú
- -Martiño Noriega, Compostela Aberta
- -Sara Outeiral, Nós Pobra
- -Benito Portela, Sadamaioría
- -Ledicia Piñeiro, Ourense en Común
- -Jorge Suárez, Ferrol en Común
- -Chus Boo, Ames Novo
Información
Xunto con outras persoas dos seus equipos e organizacións, os alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol xuntáronse na capital galega para pór en valor o traballo desenvolvido nestes dous anos. Tamén para proxectar o labor até o final de mandato.
No caso do noso compañeiro Xulio Ferreiro lembrou que A Coruña xa non é noticia por casos de corrupción e a pesar de atrancos como a Lei Montoro, o goberno da Marea Atlántica ten a determinación e a forza para cumprir os seus compromisos electorais.
A xuntanza serviu para máis unha vez constatar que hai problemas e solucións moi parecidos nas tres cidades e que unha alternativa política ao PP só se pode conseguir no país e no estado coas achegas deste municipalismo coraxento que entre todas construímos cada día. O domingo 25 a festa será no coruñés Campo da Leña ao que ficades todas convidadas.
Convocatoria en Facebook