A.C. Irmáns Suárez Picallo | nota de prensa
A Direccion Xeral De Patrimonio, do lado do interese partcular e en contra do interese xeral
A Direccion Xeral De Patrimonio, do lado do interese partcular e en contra do interese xeral
O inicio do Expediente de declaración como Ben de Interese Cultural do Museo Carlos Maside (e non do conxunto das Cerámicas do Castro) foi unha decisión exclusiva da Direción Xeral de Patrimonio.
O governo da Xunta non quixo nin quere que se declare BIC o conxunto das Cerámicas do Castro e polo tanto, os informes que solicita son sobre a procedencia ou non de declarar BIC o museo, nunca os solicitou para o conxunto das instalación.
Se quere “informes acreditados” debe pedilos, e polo tanto a postura do sr. Anxo Lorenzo (Diretor Xeral de Patrimonio) de refuxiarse en que non existen, é unha torpe disculpa para xustificar o inxustificable
Como vai haber informes se non os solicitou?
Desde a ACISP lamentamos que a Dirección Xeral de Patrimonio se alinee cos intereses particulares do actual accionista maioritario da empresa e non co interese xeral, contradecindo a propia actuación do governo galego cando sí declarou BIC o conxunto de Sargadelos de Cervo.
Negarlle esa condición á empresa matriz do Castro, feita nos terreos propiedade da familia de Mimina Arias e onde ela e a súa parella Isaac comenzaron a apaixoante construción dun dos mellores complexos culturais e empresariais da Galiza do século XX, é un erro incomprensible, máxime cando os edificios, a imprenta, o auditorio, o laboratorio xeolóxico de laxe, os fornos e ata as máquinas da cadea de producción foron deseñadas por Díaz Pardo e os seus amigos.
Pretender esquecer todo iso ou quitarlle importancia, só pode ser debido á ignorancia ou a intereses contrarios ao espirito fundacional da empresa.