Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova | nota de prensa

Ramón Lluís Bande mostra en Celanova un episodio agochado da guerra en Asturias

Vaca mugiendo entre ruinas, o documental que o escritor e cineasta Ramón Lluís Bande (Xixón, 1971) presenta MAÑÁ SÁBADO en Celanova, dá conta dun episodio silenciado da guerra en Asturias: o goberno obreiro e independente baixo mando do Consejo Soberno de Asturias y León durante os últimos 54 días da resistencia de Xixón, coa figura de Belarmino Tomás, socialista esquecido na historia oficial, “o político máis importante do século XX en Asturias”, como o define o cineasta.

Ramón Lluís Bande mostra en Celanova un episodio agochado da guerra en Asturias
Belarmino Tomás, á esquerda, presidente do Consejo Soberno, nunha foto do documental
Belarmino Tomás, á esquerda, presidente do Consejo Soberno, nunha foto do documental

O pase do documental terá lugar no salón principal do Auditorio Municipal o ás 17:00 horas. A entrada é gratuíta.

Ramón Lluís Bande, autor entre outros dos filmes Equí y n’otru tiempu (2014), Escoreu, 24 de diciembre de 1937 (2017) –no que aparece unha referencia directa o tratamento que recibían os presos no cárcere de Celanova– e Cantares dunha revolución (2018), no que colabora con Nacho Vegas, que en Vaca.. pon a voz en off, tamén creou e dirixiu varias series documentais para a Televisión Pública Asturiana. 

En Vaca mugiendo entre ruinas, o material de traballo son as fotografías de Constantino Suárez –tomadas entre 1934 a 1937 en Xixón e a súa contorna– a través das que se narra a historia do Consejo Soberano de Asturias y León, que dirixiu a resistencia republicana até a caída da fronte en outubro do 37. Este é o contexto político que determinou a sorte, entre outros milleiros de persoas, dos 7 asturianos fusilados o 22 de setembro de 1939 en Celanova cuxa fosa no cemiterio parroquial vén de documentar e sinalar o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, e que permitiu localizar xa a familiares de dúas das vítimas: Abelardo Suárez e Marcelino Fernández

Ramón Lluís Bande tamén presentará en Celanova o libro Cuaderno de la guerra, un guión estendido do filme, no que recolle as imaxes de Constantino Suárez, textos xornalísticos, documentos políticos, xunto a unha fonda reflexión sobre a memoria e o papel do cine na reconstrución da memoria. 


MÁIS INFORMACIÓN EN memoriacelanova.fala.gal

Ramón Lluís Bande mostra en Celanova un episodio agochado da guerra en Asturias