CGT | nota de prensa
Solidariedade co pobo colombiano
Ante os gravísimos acontecementos que están a suceder en Colombia, a CGT de Galicia manifesta o seguinte:
13 may 2021
- Desde a convocatoria da Folga Xeral do pasado 28 de abril en protesta por unha reforma fiscal que pretende que xs traballadorxs pobres colombianos paguen os pratos rotos dunha crise económica creada polos poderosos e capitalistas, a represión criminal do goberno de Iván Duque ten causado ducias de mortes, mutilacións con perdas de ollos, un milleiro de persoas feridas polas balas das forzas represivas e incontables detidxs.
- Nun país no que se incrementa o índice de miseria e o asasinato de loitadorxs sociais no medio dunha corrupción galopante, estase a producir, ademais, a militarización dos centros urbanos coa intención gobernamental de impoñer as súas políticas a sangue e lume.
- Desde hai tres anos, cando Iván Duque asumiu a presidencia do país, se ten producido en Colombia o asasinato de máis de 1.000 militantes sociais, entre defensorxs dos dereitos humanos, guerrilleirxs desmobilizados, reclamantes de terras e dirixentes sindicais. Todas estas mortes sucédense mentres as investigacións da fiscalía non chegan a ningún lado e prodúcese a mais completa impunidade.
- A CGT de Galicia rexeita a brutal represión en Colombia e envía a súa solidariedade co pobo traballador colombiano neste gravísimo momento de sufrimento e represión.
- A CGT de Galicia fai un chamamento á solidariedade co pobo colombiano, que está defendendo nas rúas os seus dereitos e as arelas dunha sociedade máis xusta, convidando á poboación de Galicia a participar nos actos que se convoquen.
ABAIXO O GOBERNO CRIMINAL!
ABAIXO O PAQUETAZO DA FAME E REPRESIÓN!
VIVA A LOITA INTERNACIONAL DXS TRABALLADORXS!