Martes, 6 de marzo de 2018 ás 19 horas no salón de actos da ONCE da Coruña
8m Folga de mulleres para transformar a vida das mulleres
O Club Foro Cívico organiza unha mesa redonda en apoio á folga do 8 de marzo
04 mar 2018
Participantes:
- Isabel Lema, da UGT
- Tensi Álvarez, de CCOO
- Susana Méndez, da CIG
- Victoria Louro, da Marcha Mundial das Mulleres
- Pilar Estévez, da Plataforma Feminista Galega
- Presenta e modera: Mª Luz Canal, avogada e socia do Foro Cívico
Temos moitas razóns para facer folga:
Porque non queremos que haxa nin unha menos. Porque o noso traballo de coidados non se valora, nin se visibiliza. Porque non temos igualdade no emprego. Porque os nosos corpos seguen a ser mercantilizados. Porque a nosa sexualidade está colonizada. Porque queremos decidir por nós mesmas ser nais e non selo. Porque somos insubmisas ao sistema patriarcal. Porque non nos deixades parar. Para visibilizar que sen nós o mundo para.
SE PARAMOS TODAS, PARAMOS TODO!
DIVERSAS E XUNTAS, PODEMOS PARAR O MUNDO!
Folga laboral, de coidados, de consumo e estudantil