8m
Feministas palestinas contra a violencia colonial e patriarcal: palestra con María González Flores
A Coruña, 29 de febreiro de 2024 - Este xoves, día 29 de febreiro, ás 19.30 h, a experta en impactos coloniais María González Flores ofrecerá unha palestra titulada "Feministas palestinas contra a violencia colonial e patriarcal: Unha introdución ao movemento Tal’3at". O evento terá lugar como parte do ciclo "Mulleres e realidades comúns", coordinado por Cristina Bajo, e conta coa colaboración de SUGxPalestina, BDS e o Grupo de Igualdade da facultade de Ciencias da Educación da UDC.
A palestra centrarase no movemento feminista palestino Tal’3at, nacido en 2019 como resposta a un episodio de violencia de xénero. Este converteuse no primeiro movemento en mobilizar baixo un lema abertamente feminista e anticolonial en toda a Palestina histórica e máis alá. Baxio a premisa "Non hai terra libre sen mulleres libres", as feministas palestinas mobilizáronse contra as violencias coloniais e patriarcais, buscando unha Palestina libre de ocupación e violencias machistas.
María González Flores, investigadora predoutoral da UDC especializada en impactos coloniais da industria das ONGs na zona SWANA, e graduada en estudos árabes e islámicos, ofrecerá unha visión aprofundada sobre este movemento e as súas ramificacións. A actividade promete ser unha oportunidade para comprender de primeira man o activismo feminista anticolonial nesta rexión.