Oza
Edificios abandonados xeran problemas no barrio
Estes edificios están a xerar problemas de salubridade, contaminación acústica e a afectan o benestar psicolóxico de moitos veciños e veciñas.
Un dos problemas máis significativos é a acumulación de excrementos de aves nos edificios abandonados e nas rúas, o que representa un risco para a saúde pública. Ademais, os ruídos procedentes destes edificios durante a noite perturban o descanso dos veciños.
Estes problemas non son novos, senón que persisten durante anos nestes edificios abandonados.
Noutra orde de cousas, existe unha zona selvática na Ronda de Outeiro. Aquí, tentouse instalar unha gasolinera ao lado do Parque de Oza, pero a Asociación veciñal considerou que non era un lugar adecuado para a súa instalación. Despois de organizarse os veciños e veciñas, conseguiron deter este proxecto. Desde entón, esta zona quedou totalmente abandonada e co paso do tempo deteriorouse moito. A asociación solicita a rehabilitación total desta zona abandonada.
Ademais, o barrio está a experimentar unha praga de insectos cuxa causa aínda se descoñece. Durante esta época do ano, a presenza dunha gran cantidade de moscas está a xerar problemas tanto no comercio local como entre a veciñanza. Os negocios de alimentación veñen especialmente perxudicados e os veciños, mesmo nun décimo piso, non poden abrir as súas xanelas.
Instamos a Medio Ambiente a investigar a orixe desta praga e a atopar unha solución, xa que non se pode permitir que isto ocorra ano tras ano.
Por último, polo menos 15 rúas do barrio presentan beirarrúas estreitas, inexistentes ou en mal estado, o que dificulta a mobilidade dos residentes, especialmente para aqueles que usan carrinhos de bebé ou cadeiras de rodas. É necesario realizar melloras nestas rúas para garantir a accesibilidade e o benestar.
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira, Os Castros Cubela, lembra unha vez máis ás institucións competentes que resolvan esta problemática existente desde hai anos.