Paz y Noviolencia
Más dunha trintena de artistas participarán no Nonviolencia Activa Fest
Un encontro de expresións artísticas a favor da paz e en contra de todos os tipos de violencia, que reunirá a máis de 30 nomes do talento musical, plástico e poético que residen na Coruña e Galicia.
A apertura de portas realizarase ás 17:15 e ás 17:30 tera lugar unha visita guiada á exposición de artes plásticas deseñada por Gosia Trebacz. Son 14 os artistas que participan nela: Roke Armas, Alfonso Caparrós, elchano, Chelo Facal, Alba Fiamma Art, Alberto Franco, Maica Gómez, Mohamed Saïd Hamdad, Roiayer, Lola Saavedra, Bego Tojo, M. Touzón, Gosia Trebacz e Xulia Weinberg.
Ás 18:00 comezará o evento en directo, presentado por Estela López e Ricardo Sandoval. Xuntos darán paso ás actuacións de Ramiro Edreira, Xawar, Marmo Trazos, Kreze e a Banda percusión Diversidarte. Serán dúas horas para gozar da música en directo.
A arte tampouco se termina aquí. Todas as persoas que asistan ao Nonviolencia Activa Fest poderán levar un agasallo moi especial: un poema cedido por María Teresa Fandiño Pérez, Alba Fiamma Art, Eva Fórneas Braña, Frases Para unha Vida, A. Garci, Sara M. Bernard, Alba Mac, Xema Millán, Iria Moliner, Héctor Quijano, Tamara Rademacher, Beatriz Ramón Iglesias, Rilin, María Villar Portas e Tania Yáñez Castro.
Mundo Sen Guerras e Sen Violencia xa organizou o ano pasado este festival que pretende servir como inspiración para multitude de conciencias: “Sabemos que a arte ten un enorme poder transformador. A única maneira de facer deste un mundo mellor é unindo ás persoas e a arte e a cultura mobilizan as conciencias”, sinalou Marisa Fernández, presidenta da asociación coruñesa. Así, os máis de 30 artistas reunidos servirán como un enorme altofalante para difundir unha mensaxe de loita contra todos os tipos de violencia e discriminación, de defensa dos dereitos humanos e do planeta.
O Nonviolencia Activa Fest enmárcase, ademais, dentro da programación da Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia na Coruña. Este é un evento global no que un equipo de persoas percorre o planeta difundindo as ideas da noviolencia, mentres que en centos de cidades organízanse actividades no mesmo sentido.
Partiu de Costa Rica o pasado 2 de outubro e regresará de novo ao país o 5 de xaneiro, tras deixar por todo o mundo un rastro de mobilizacións sociais.
O día 23 de novembro, coincidindo co festival no Ágora, chegará á Coruña o Equipo Base que percorre o planeta para celebrar xunto aos e as asistentes outra etapa deste comprometido camiño.
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo, pero poden reservarse asentos mandando un correo electrónico a: mundosenguerrasesenviolenciag@