Urbanismo

Acto de reivindicación do común este sábado no Parrote: “a praia enriba dos adqoquíns”

A Comisión Aberta en Defensa do Común convoca este sábado á revivir a praia do Parrote coas mans da veciñanza.

Acto de reivindicación do común este sábado no Parrote: “a praia enriba dos adqoquíns”
Parrote. Cartel
Parrote. Cartel.

A Comisión Aberta en Defensa do Común chamou á veciñanza a un novo acto de reivindicación da devolución ás institucións públicas da fachada marítima da cidade. Será este sábado, a partires das 12.30 horas, no Paseo do Parrote. Os ciudadáns revivirán a praia arroxando unha presa de area entre a porta de Santo André (Arquivo de Galicia) e o lateral esquerdo onde están situados os canóns (Muralla, Porta do Cravo/estanque).

“A experiencia, obra do artista Pepe Galán e trata de alertar sobre o perigo de que se consumen as veleidades privatizadoras da Autoridade Portuaria. O arquitecto, Xosé Lois Martínez, será o encargado de advertir aos asistentes de que A Coruña está apuntando deica unha ameaza real que pode facer inhabitábel unha parte da fachada marítima”, explica a Comisión Aberta nun comunicado, no que xustifica a iniciativa recordando que a desaparición da praia do Parrote “coincide no tempo coa vitoria franquista”.

“Así, en 1942, un grupo de persoeiros coruñeses entusiastas do Glorioso Alzamento Nacionall promoven a ocupación de 2.500 metros cadrados de espazo público, erguendo A Solaina. Posteriormente, en 1948, constrúen o hotel Finisterre sobre o predio que ata 1928 ocupaba a vella cárcere e, finalmente, en 1970, inaugurase a ampliación da Solaina a través dun novo recheo. Iso non hai que demostralo, sábese, porque hai documentación dabondo ao respecto”, lembra a nota.

A idea de Pepe Galán é subliñar que enriba dos adoquíns aparecerá a praia, xogando coa consigna de Maio do 68.

Comisión Aberta, acto no Parrote en xuño


 

Acto de reivindicación do común este sábado no Parrote: “a praia enriba dos adqoquíns”