O BNG critica que Villoslada non teña convocado a mesa de Elviña
"A veciñanza de Elviña non foi aínda convocada a ningunha reunión por parte do Goberno Local. Pasaron xa dous meses da reunión da comisión, tempo más que de abondo para constituír esa mesa", indica o BNG da Coruña nun comunicado este mércores.
"O Goberno Local si foi quen de constituír unha mesa co tecido empresarial da construción para impulsar a posta en marcha dos polígonos contemplados no PXOM, mais non atopou un momento para se reunir coa veciñanza de Elviña", censura Avia Veira, edil nacionalista. E engade: "queremos a desafectación ou unha solución urbanística valente e consensuada coa veciñanza. Exisimos, pois, que o Goberno Local cumpra coa palabra dada".
O BNG e PSdeG, en congruencia co seu Acordo de Investidura, conviñeron en que a solución que se dese ás veciñas e veciños afectados polo Ofimático sería ou ben a desafectación ou unha solución urbanística semellante, en todo caso sempre consensuada con eles. É o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada quen debe convocar esa mesa.