BNG | nota de prensa
O BNG inquire o goberno local sobre a inserción laboral das persoas moradoras do asentamento precario da Ponte Pasaxe
A concelleira do BNG Avia Veira inquire por escrito o Goberno Local sobre o desmantelamento do asentamento precario da Ponte Pasaxe e, en concreto, sobre as medidas que ten impulsado para a “inserción laboral” das persoas que moraban nese núcleo.
A Coruña, a 17 de marzo de 2022. Máis en concreto, Avia Veira interésase por saber “que solución lle deu o Goberno Local ás persoas que se viñan dedicando á chatarra”. “Coñece o Executivo Municipal onde están a traballar con este material? Ten presente o Goberno Local as consecuencias medio-ambientais do mal tratamento e almacenamento da chatarra?”, inquire a edil nacionalista.
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, declarou que unha vez que deixe de vivir no asentamento da Pasaxe o seu último habitante xa tería desaparecido o fenómeno do chabolismo na nosa cidade.
Veira pregúntalle ao Goberno Local se realmente acredita “en que xa se rematou co chabolismo na Coruña” e que plans ten “para os outros asentamentos precarios da cidade”, que si existen, contra o dito pola concelleira de Benestar Social.