Historia

Condena dos actos vandálicos perpetrados na exposición sobre a historia do sindicalismo

A mostra, que se estrutura en taboleiros de gran formato impresos sobre madeira, apareceu onte a mañá inzada de pintadas feitas con spray de cor negra.

Condena dos actos vandálicos perpetrados na exposición sobre a historia do sindicalismo

"Desde o Goberno local da Coruña temos un fondo compromiso coa memoria histórica e, por suposto, concordamos con render homenaxe ás persoas que loitaron por facer desta unha cidade e unha sociedade mellor, que loitaron polos dereitos que, a día de hoxe, van quedando", afirmou Alberto Lema, o concelleiro de Emprego, que engadiu: "Os feitos falan por si mesmos.  Os ataques de hoxe demostran quen é realmente incapaz de valorar o pasado e o presente desde o diálogo e unha actitude razoable". O responsable da área de Emprego tamén avanzou que a Policía Local "xa está a traballar na investigación dos feitos, co obxectivo de dar coas persoas culpables deste ataque".

A exhibición sobre o movemento obreiro na Coruña, que se trasladou esta semana a praza da Fábrica de Tabacos, divídese en cinco capítulos a través dunha selección de 150 imaxes que proceden de distintos arquivos públicos, como o Arquivo Municipal da Coruña, do Reino de Galicia, da Real Academia Galega, o Arquivo Histórico Universitario da USC e a Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela.


 

Condena dos actos vandálicos perpetrados na exposición sobre a historia do sindicalismo