Marea Atlántica | nota de prensa

O Forum Metropolitano acolleu esta tarde unha nova xuntanza sobre o Plan Municipal Polo Dereito á Vivenda

Na reunión participaron un total de doce asociacións veciñais da Coruña:
O Forum Metropolitano acolleu esta tarde unha nova xuntanza sobre o Plan Municipal Polo Dereito á Vivenda
20220215_SGR_mesa_vivenda_forum_Z7F4779
Reunión Plan municipal polo dereito á vienda
  1. Entre Rondas.
  2. O Ventorrillo.
  3. A Barcarola – Catro Camiños.
  4. Oza, A Gaiteira e Os Castros.
  5. Enseada do Orzán.
  6. San Pablo,.
  7. Paseo das Pontes e Cidade Xardín.
  8. Os Mallos.
  9. O Castrillón – Urbanización Soto IAR.
  10. Os Anxos San Cristóbal das Viñas (O Birloque).
  11. Palavea.
  12. Feáns.
  13. Federación de Asociacións Veciñais.

O encontro estivo copresidido pola voceira municipal da Marea Atlántica, María García, e o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada.

Trátase do terceiro encontro sobre o Plan de Vivenda, tras os celebrados con entidades sociais e organismos profesionais e institucións. Esta rolda de contactos forma parte do acordo asinado polo PSOE e a Marea Atlántica en decembro, co compromiso escoitar á sociedade civil organizada é dialogar con ela, para mudar a medio prazo as políticas de vivenda do Concello e achegalas ás necesidades da xente e non aos intereses do mercado inmobilario.

Dentro deste pacto pola vivenda tamén se inclúen actuacións máis inmediatas, que sumarán máis de 9 millóns de euros nos Orzamentos 2022 do Concello da Coruña, e se se lles presentaron hoxe aos colectivos veciñais. Entre outras cousas, servirán para ampliar a bolsa de alugueiro social, a compra de inmobles e soares para a promoción de vivenda pública e o aumento das axudas á rehabilitación.

O Forum Metropolitano acolleu esta tarde unha nova xuntanza sobre o Plan Municipal Polo Dereito á Vivenda