Podemos | nota de prensa
Podemos A Coruña insta ao presidente da Xunta de Galicia a organizar un encontro coa Plataforma de Afectadas pola ampliación do CHUAC
A concelleira Isabel Faraldo levará ao pleno de Abril unha moción na que pedirá que se escoite aos representantes da veciñanza da zona e a plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC para recoller as inquedanzas ou demandas con ánimo de telas presentes a fin de causar menor impacto lesivo.
A Coruña, 5 de Abril do 2021.- A Xunta de Galicia ten xa sete ofertas de empresas privadas que optan ao concurso aberto para a execución de tramitación urbanística, o contrato ascende a 7,6 millóns e debe estar listo para iniciar as obras en dous anos.
Isabel Faraldo, concelleira de Podemos A Coruña, recalca: “Chámanlle novo hospital porque chamarlle Remendar o Hospital Existente non é un termo políticamente correcto. Pero non só vaise tratar de parchear o edificio actual senón bunkerizar os edificios complementarios a construir”.
Isabel Faraldo foi o único voto en contra ao convenio firmado entre o Concello de A Coruña e a Xunta de Galicia, apoiando así a proposta alternativa das veciñas de Eíris para o novo hospital de A Coruña.