Guerrilla dos Mallos | nota de prensa

Guerrilla dos Mallos repartirá centos de botellas para limpar a urina das mascotas

Os comercios son o sector máis perxudicado por este tipo de suciedade fácilmente evitable mediante a concienciación. 

Baixo o lema “A culpa non é do can”, o colectivo de comerciantes dos Mallos pretende popularizar o uso deste sistema e promover conductas cívicas. 

 

Guerrilla dos Mallos repartirá centos de botellas para limpar a urina das mascotas

A agrupación de comerciantes Guerrilla dos Mallos repartirá dende o día 22 de novembro ata fin de existencias centos de botellas para poder levar o desinfectante necesario que minimice o impacto dos ouriños das mascotas nas rúas. 

As botellas, totalmente reutilizables para evitar o impacto medioambiental, entregaránse ós propietarios de mascotas que así o soliciten cando fagan a súa compra nos comercios adheridos. Todos eles contarán con cartelería para ser fácilmente localizados. 

En palabras dos membros de Guerrilla “a tódolos comerciantes nos pasa de xeito habitual chegar ó noso lugar de traballo e atopar esa suciedade que ninguén querería no seu portal ou na súa casa. Dase como algo normal e non debería ser así. O ideal é usar as árbores ou parques, pero se non é posible, non está de máis tratar de que polo menos ese lugar non se converta nun punto de peregrinación para outros cans limpando o que se mancha. Pedimos algo lóxico”. 

A elección do lema (“A culpa non é do can”) vén dada porque é a frase coa que se conclúe esta conversa cando se trata o tema e porque trátase de deixar claro que non hai ningún tipo de problemas coas mascotas, senón cos comportamentos incívicos. 

Deste xeito, Guerrilla dos Mallos pretende concienciar ós donos das mascotas e promover unha convivencia cordial da veciñanza, así como demostrar, unha vez máis, que o comercio local vive a realidade cotiá dos seus barrios e trata de mellorar día a día aportando dende a súa posición, sendo un dos motores da vida do barrio.

Guerrilla dos Mallos repartirá centos de botellas para limpar a urina das mascotas