Traballo final da Aula Local de Cooperación
Entre o 15 e o 20 de decembro realizaranse os Eventos sectoriais de cooperación expandida
Eeventos informativos co-organizados entre os grupos sectoriais participantes da Aula Local de Cooperación e o Igadi
05 dic 2017
EVENTOS SECTORIAIS DE COOPERACIÓN EXPANDIDA: Todas temos un papel!
- Cooperación Internacional DEPORTIVA e presentación do microproxecto: “Irmandamento deportivo A Coruña-Sáhara” -Centro Cívico da Zona Vella, VENRES 15 DE DECEMBRO ás 19:30
- Cooperación Internacional SOCIAL e presentación dos microproxectos: “Un día desde el otro lado” e “SIMBIOSE: Plataforma local de voluntariado”-Fundación Paideia, LUNS 18 DE DECEMBRO ás 19:30
- Cooperación Internacional CULTURAL-EDUCATIVA e presentación do microproxecto: “DXENERADA: Laboratorio cidadá pola deconstrución de xénero”–Libraría Fiandón. MARTES 19 DE DECEMBRO ás 19:00
- Cooperación Internacional ECONÓMICA-EMPRESARIAL e presentación do microproxecto: “Lóxica: O ecofeminismo na economía da Coruña” –Centro empresarial Papagaio. MÉRCORES 20 DE DECEMBRO ás 19:30
Achégate a coñecer a axenda internacional das Nacións Unidas: Obxectivos Desenvolvemento Sostible 2015-2030 e as posibilidades que tes de cooperar desde o teu dia a día, desde o local, da Coruña ao mundo.
O 20 de decembro será a data na que os participantes da formación deberán entregar aos responsables do Curso Aula Local de Cooperación os seus traballos finais: a formulación dos microproxectos, para a súa avaliación. O 21 de decembro farase a a festa de final de curso nun evento aberto á cidadanía.