O MARTES 14 DE NOVEMBRO ÁS 20H NO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL DE OS MALLOS

6ª Xornada das Interdependencias: "Ambiente, enerxía e crise ecolóxica"

As Xornadas das Interdependencias teñen a súa sexta cita este MARTES 14 DE NOVEMBRO ás 20:00 no Centro Cívico dos Mallos de A Coruña.

6ª Xornada das Interdependencias: "Ambiente, enerxía e crise ecolóxica"
Sexta Xornada
Sexta Xornada

"Ambiente, enerxía e crise ecolóxica" contará con 

- Erika González Briz, Investigadora do Observatorio das Multinacionais en América Latina (OMAL)-Paz con Dignidad. Traballa na investigación, formación e sensibilización sobre a expansión e os impactos das empresas transnacionais españolas en América Latina. Ten participado na Campaña Global “Desmantelando el poder corporativo y poniendo fin a la impunidad” e no informe “Empresas energéticas y vulneración de derechos humanos”, encargado pola Oficina Europarlamentaria de Miguel Urbán - GUE/NGL en 2016.

- Xoán Ramón Doldán García;Profesor titular no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Posgraduado en Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente pola Universidad de Alcalá de Henares. É membro do Grupo de Investigación GI-2083 de Economía ecolóxica e dos recursos naturais da USC. Foi Presidente e actualmente Vicepresidente da Asociación Véspera de Nada. Por unha Galiza sen petróleo. 

Guadalupe Rodríguez;Activista e Investigadora. Membro de ContraMINAccion. Coordinadora rexional para o Sur de Europa e Latinoamérica da rede global Si á Vida Non á Mineria -Yes to Life Non to Mining YLNM- e coordinadora de campañas para Latinoamérica en Salva la Selva. Traballou en Arxentina, Ecuador, Alemaña e actualmente desde hai 7 anos en Galicia.

- Moderación; Daniel Díaz Grandío. Concelleira de mobilidade sostible no Concello da Coruña. Áreas de competencia: mobilidade sostible, mobilidade e accesibilidade, tráfico, transporte e espazos públicos. 

6ª Xornada das Interdependencias: "Ambiente, enerxía e crise ecolóxica"