cultura

9 días de entrada gratuíta aos tres Museos Científicos de A Coruña

A Coruña inicia a próxima semana a celebración da Semana da Ciencia, con nove días de acceso de balde aos tres Museos Científicos Coruñeses.
9 días de entrada gratuíta aos tres Museos Científicos de A Coruña
domus
domus

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano inclúense dúas fins de semana. A Semana da Ciencia comezará este sábado 11 e rematará o domingo 19 de novembro.

Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva previa de entradas: https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/. No caso das persoas maiores de 65 anos, estas poderán facer a visita sen reserva previa e acompañadas doutra persoa se o precisan.

As visitas á Casa das Ciencias e á Domus serán libres.

 As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, cun máximo de dúas invitacións por persoa.

Nesta semana da ciencia herculina,terá tamén lugar a entrega dos XXXVI Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. A ceremonia celebraráse no Salón de Plenos do Palacio de María Pita o sábado 18 de novembro.

9 días de entrada gratuíta aos tres Museos Científicos de A Coruña