BNG | nota de prensa

O BNG en contra da instalación en Oza dun depósito de aceites

Logo do debate que tivo lugar no pleno da Coruña, concello onde se situarían as instalacións que operarían con grande cantidade de aceites fósiles, o BNG rexistrou iniciativas (a xeito de proposta de declaración institucional se haber consenso, senón coma mocións) nos outros tres concellos da ribeira da ría: Oleiros, Cambre e Culleredo.
O BNG en contra da instalación en Oza dun depósito de aceites

O posicionamento do BNG, en consonancia co movemento asociativo veciñal e ecoloxista é clara: Oza, no cerne da ría do Burgo, que queremos dunha vez e para sempre limpa e saneada, non é o lugar axeitado para estas instalacións. Hai ademáis unha alternativa razonábel, a do porto exterior.

PROPOSTA DE MOCIÓN / DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN DEFENSA DA RÍA DO BURGO

A petición do movemento veciñal e ecoloxista achegamos, para o seu oportuno tratamento e debate, a seguinte proposta de moción do Grupo Municipal do BNG que permanece aberta a ser tratada como declaración institucional de existir para elo o consenso necesario.

A Xunta ven de conceder a Autorización Ambiental Integrada á planta de recepción e pretatamento de aceites de buques que Limpoil quere instalar nas inmediacións das instalacións portuarias de Oza, no cerne da ría do Burgo. Sendo este servizo algo necesario para a actividade pesqueira, a todas luces, a escollida non é a ubicación adecuada, en atención a protexer e preservar o noso patrimonio ambiental e ecolóxico máis próximo. Simplemente lembrar que a ría está sendo obxeto dunha tan necesaria como retrasada obra de dragado e que unha incidencia na planta referida podería afectar ás ribeiras da totalidade de concellos do estuario.

É por elo que, o pleno da corporación adopta os seguintes acordos:

  1. Amosar o rexeitamento da corporación municipal á concesión da Autorización Ambiental Integrada ás instalacións de pretratamento de aceites e hidrocarburos no peirao de Oza.
  2. Apoiar ás enteidades veciñais e organizacións sociais que xa se teñen posicionado contra deste proxecto e presentaron alegacións ao mesmo.
  3. Instar ao goberno municipal a que se presente, diante dos procesos administrativos correspondentes, como parte interesada, no ánimo de impedir o avance deste proxecto.
  4. Instar á Xunta de Galiza a denegar a Autorización Ambiental Integrada, procurando o seu traslado a unha zona de menos afectación pública e ambiental.

 

O BNG en contra da instalación en Oza dun depósito de aceites