BNG | nota de prensa

Para o BNG, é “lamentábel que en pleno século XXI” a Xunta “pense nos accesos ao CHUAC unicamente en clave de vehículo privado

Para o grupo municipal do BNG, é “lamentábel que en pleno século XXI a Xunta pense nos accesos ao CHUAC unicamente en clave de vehículo privado”, afirma a concelleira nacionalista Avia Veira a xeito de avaliación de urxencia a respecto dos plans do Goberno Galego para a construción dunha nova estrutura elevada de enlace co hospital.

 

Para o BNG, é “lamentábel que en pleno século XXI” a Xunta “pense nos accesos ao CHUAC unicamente en clave de vehículo privado
Avia Veira
Avia Veira

A Coruña, a 11 de abril de 2022. Para o grupo municipal do BNG, é “lamentábel que en pleno século XXI a Xunta pense nos accesos ao CHUAC unicamente en clave de vehículo privado”, afirma a concelleira nacionalista Avia Veira a xeito de avaliación de urxencia a respecto dos plans do Goberno Galego para a construción dunha nova estrutura elevada de enlace co hospital.

“Non ten sentido ningún que a estas alturas do século se pense exclusivamente en termos das necesidades do automóbil particular e non se teñan en conta nin os accesos en transporte público nin a mobilidade peonil”, remarca Veira.

Os plans da Xunta van xusto na dirección contraria ao que se está a facer na cidade, subliña a edil. “O que é razoábel é rematar con estruturas elevadas que fan máis complexos os cruzamentos e a mobilidade en medios de transporte alternativos ao vehículo privado e, porén, a Xunta aposta precisamente por facer máis complexos os accesos a un lugar, un hospital, ao que se acode non precisamente por motivos de lecer, senón que vas a el ou porque traballas alí ou por motivos médicos”.

Cal é a orixe do problema? Pois a escolla dun emprazamento inadecuado para a construción do hospital. “É por iso que nós propúñamos no noso programa electoral que o novo hospital se establecese no porto, precisamente, entre outras cousas, para garantir unha mellor comunicación coa comarca e coa cidade. Unha comunicación que non só permitise a accesibilidade vía transporte colectivo e vía mobilidade peonil, senón que mesmo a fomentase”, conclúe Veira.

Para o BNG, é “lamentábel que en pleno século XXI” a Xunta “pense nos accesos ao CHUAC unicamente en clave de vehículo privado