BNG | nota de prensa

O BNG pregúntalle ao goberno local sobre as súas previsións para a volta do programa de lecer

O Programa de Lecer é un conxunto de actividades –obradoiros, clubs, círculos, campamentos- que desde hai 23 anos organiza o Concello da Coruña no Fórum e no Ágora e no que participan por volta de 6.000 persoas -3.659 no Fórum e 2.390 no Ágora.

O BNG pregúntalle ao goberno local sobre as súas previsións para a volta do programa de lecer

O programa foi interrumpido por causa da pandemia. Pois ben, a día de hoxe –e a pesar do anuncio da reapertura dos centros cívicos municipais e a pesar dos avances do proceso de vacinación- o Goberno Local aínda non ten axendado para o mes de outubro a necesaria volta destas actividades do Lecer.

É por isto que a concelleira do BNG Avia Veira vén de rexistrar unha pregunta por escrito polo medio da cal se interesa por saber cal é o motivo polo que o Goberno Local aínda non anuncioua volta do Programa de Lecer para o mes de outubro “con tempo abondo para organizar grupos e distribucións espaciais se for necesario máis reducidos”.

Inquire a concelleira o Goberno Local se vai renunciar a un programa tan importante en que participan máis de 6.000 persoas. En caso de que decida mantelo –e obviamente aí tería o executivo coruñés o apoio do BNG-, a concelleira nacionalista quer coñecer cando está previsto que se contacte coas profesionais e os profesionais que traballan na organización do programa.

E é que o Programa de Lecer non só conta cun grande predicamento social –a xulgar polo alto número de persoas que participan nas súas actividades-, senón que tamén conta con “moitas profesionais da nosa cidade” que traballan habitualmente e que o precisan para “completar os seus recursos”.

O BNG pregúntalle ao goberno local sobre as súas previsións para a volta do programa de lecer