BiciCoruña

O BNG rexistra unha batería de preguntas sobre o funcionamento de BiciCoruña, desde por que non hai puntos de ancoraxe en Pocomaco até a falta de control da obriga de usar casco por parte dos menores de 16 anos

No Pleno do pasado 9 de novembro, a concelleira do BNG Avia Veira formulou unha pregunta oral ao Executivo coruñés sobre o funcionamento xeral de BiciCoruña, instándoo a que tivese en conta certas queixas das persoas usuarias.
O BNG rexistra unha batería de preguntas sobre o funcionamento de BiciCoruña, desde por que non hai puntos de ancoraxe en Pocomaco até a falta de control da obriga de usar casco por parte dos menores de 16 anos
BiciCoruña
BiciCoruña

A Coruña, 16 de novembro de 2023. A resposta da concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, foi tan vaga e xenérica que Avia Veira rexistra agora unha batería de preguntas por escrito na procura dunha maior concreción.

Na exposición de motivos desta iniciativa, a concelleira nacionalista resalta "as numerosísimas queixas de usuarios e usuarias de BiciCoruña sobre os usos indebidos, o deterioro das bicicletas, os riscos polas rodas en mal estado, etc".

Canto ás preguntas, Veira interésase por saber por que non se ten considerado prioritario colocar novas estacións de BiciCoruña nos polígonos industrias ("cal é o motivo polo que Pocomaco aínda non conta con ningunha?), ao tempo que cuestiona cando van estar operativos os puntos de ancoraxe do campus de Elviña, A Zapateira e As Xubias de Arriba.

A respecto das queixas das persoas usuarias, a concelleira interpela o Goberno Local sobre o número de reparacións das bicicletas feitas nos últimos 18 meses e a que se refería a alcaldesa cando, nunha recente entrevista radiofónica, falou de que se ía facer un "exhaustivo control do servizo".

O preceptivo control da obriga de usar casco por parte dos menores de 16 anos e as medidas que se pensa adoptar para "que non se sigan producindo usos indebidos de BiciCoruña" centran tamén o interese do BNG nesta iniciativa. "Estanse impoñendo sancións a quen emprega indebidamente BiciCoruña?", inquire Veira, quen tamén require información sobre de canto persoal dispón este servizo municipal, cantos vehículos hai asignados para o reparto das bicicletas e cal é a previsión de aumento de persoal e vehículos.