Saúde

Coruña en Forma propón actividades en Santa Margarida e na Sagrada Familia

O programa de lecer activo utilizará os parques biosaludables e, tamén no parque, a área canina.

Coruña en Forma propón actividades en Santa Margarida e na Sagrada Familia
Coruña en Forma
Coruña en Forma. O Concello promove un verán saludable.

Coruña en Forma é un programa municipal de promoción da saúde da veciñanza que fará uso de lugares de deporte e outros espazos urbanos durante os meses de xullo, agosto e setembro, de maneira gratuíta, sen límite de prazas nin necesidade de inscripción.

Haberá andainas con saída desde a explanada de Riazor os días 22 de xullo, 5 e 19 de agosto e 2 e 16 de setembro. Unha ruta a patíns en Durmideiras, o 23 e o 30 de xullo, o 13 e 27 agosto e o 10 e o 24 de setembro. Tamén se realizarán actividades con cans en tres áreas caninas da cidade. Na zona reservada do parque de Santa Margarida están programadas para os domingos 6 de agosto e o 3 de setembro.

Coruña en Forma ofrece ademais práctica deportiva nos parques biosaludables. En Santa Margarida, serán os luns e xoves de 10 a 11 da mañá durante os tres meses do verán. Na Sagrada Familia, co mesmo horario, os días serán martes e venres.

Outras actividades, como Tai-chi, pilates ou ximnasia aeróbica desenvolveranse en espazos como as praias de Riazor e de Oza, no Parque Europa e no Miradoiro do Matadoiro.

A firma de panaderías Sanbrandán acompaña o programa cunha promoción de selos para conseguir diferentes productos. “Ponte en forma gozando a cidade”, di a publicidade do programa do que se ofrece toda a información na web municipal (esta é a ligazón: https://www.coruna.gal/portal/es/ciudad/deportes/coruna-en-forma?argPag=1#Componente1453626069264) e tamén no 010.


 

Coruña en Forma propón actividades en Santa Margarida e na Sagrada Familia