Mocidade

Tres días desde este luns para as inscricións no Lecer saudable

O programa, dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos, ofrece actividades nos centros cívicos durante o verán.

Tres días desde este luns para as inscricións no Lecer saudable
Lecer para a Xuventude 2017
Lecer para a Xuventude 2017.

Desde este luns día 26 até o mércores día 28 poden formalizarse nos centros cívicos da Coruña as inscricións para tomar parte no programa Lecer saudable para mozas e mozos de ata 30 anos de idade. As actividades, que se desenvolverán na rede de centros cívicos durante xullo e agosto, inclúen bailes, deportes e informática.

Para as mozas e mozos de 12 a 17 anos, o programa propón surf,  aerobic latino, vóley praia, creación de blog e páxina web, iniciación á robótica, fotografía con cámaras caseiras ou deseño e estampación en papel, entre outras. Para as idades comprendidas de 18 a 30 anos, as propostas van desde escalada, sendeirismo costeiro ou rutas BTT e en canoa, até cociña mediterránea, creación de páxinas web ou cursos de primeiros auxilios ou de mediación en prevención de drogodependencias.

Dado que as actividades son de balde e as prazas limitadas, a admisión realizarase por orden de inscrición, informa o Concello, e engade que a realización de actividades estará condicionada á existencia dun número mínimo de persoas inscritas.

Máis información en http://www.coruna.gal/serviciossociales


 

Tres días desde este luns para as inscricións no Lecer saudable