A Coruña acolle este encontro desde hoxe ata o 15 de outubro

Máis de 300 persoas participan no Mac3 para facer balance de dous anos de municipalismo

A Coruña acolle este encontro desde hoxe ata o 15 de outubrocoa participación de organizacións e movementos de todo o Estado

Máis de 300 persoas participan no Mac3 para facer balance de dous anos de municipalismo
mac3-1-768x501
Mac3, municipalismo

A Coruña é a capital do municipalismo desde hoxe ata o 15 de outubro, coa celebración do encontro Mac3, municipalismo autogoberno e contrapoder, organizado pola Fundación de los Comunes, o Instituto DM e a Marea Atlantica. Nesta terceira edición participan 300 persoas de organizacións e movementos sociais de todo Estado, e mesmo de países como Holanda, Inglaterra, Francia e Brasil.

O acto de apertura do Mac3 terá lugar esta tarde, na Facultade de Economía e Empresas da Universidade da Coruña, e servirá para fixar os puntos de partida do debate que se desenvolverán nos próximos días. Os relatorios iniciais serán presentados por Emmanuel Rodríguez y Marisa Pérez, da Fundación de los Comunes; Jaime Palomera, da Hidra Cooperativa (Barcelona); Marta Arrizabalaga, de Katakrak (Iruña), Sergio Pons, de Zaragoza en Común, Juan Díaz Ramos, de Málaga Ahora, e Iago Martínez, da Marea Atlántica.

As actividades do Mac3 durante estes días repartiranse pola Coruña en varios lugares, de xeito deslocalizado. Haberá un total de 23 talleres e charlas, que se desenvolverán nos centros cívicos de Monte Alto e a Cidade Vella, na librería O Fiandón, a Casa da Fariña e o local da Marea Atlántica. A clausura, onde se lerán as conclusións destes días de traballo, será o domingo ás 11.30, no Paraninfo da UDC. O programa completo pode consultarse na web http://mac3.uno/

Un espazo de reflexión colectiva

A meta do Mac3 é facer ás preguntas que cómpren logo da primavera democrática de 2015 e dous anos de gobernos do cambio en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Madrid, Barcelona,
Zaragoza, Valencia, Badalona, Oviedo, Iruña ou Cádiz, entre outras.

Representantes deste arquipélago municipalista traballarán cara a cara durante estes días para avaliar os límites e as potencialidades do chamado asalto institucional. Que se conseguiu e que non? Cales son as dificultades? Que quedou atrás cando as organizacións municipalistas entraron nos concellos? O Mac3 será un espazo de reflexión, de intercambio de experiencias, e de traballo colectivo para atopar as respostas.

As anteriores edicións do Mac tiveron lugar en Málaga (xullo de 2016) e Iruña (xaneiro de 2017), tamén coa asistencia de centos de persoas. Os encontros de municipalismo, autogoberno e contrapoder estanse a
converter nunha referencia a nivel internacional.

Máis de 300 persoas participan no Mac3 para facer balance de dous anos de municipalismo