Renda Básica

O pleno do Concello da Coruña votará unha moción proposta polo colectivo Renda Básica da Coruña

O vindeiro luns 8 de outubro de 2018 o pleno do Concello da Coruña votará unha moción proposta polo Colectivo Renda Básica da Coruña.

O pleno do Concello da Coruña votará unha moción proposta polo colectivo Renda Básica da Coruña
ColectivoRendaBásicaACoruña
Colectivo Renda Básica A Coruña

A moción presentada fundaméntase na Resolución 2197 do 23 de xaneiro de 2018 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, que reclama a posta en marcha dunha Renda Básica Incondicional, Universal, Individual e Suficiente en Europa. Esta foi aprobada por maioría.

O Colectivo Renda Básica da Coruña pretende abrir o debate público sobre esta idea a través desta moción, entendendo que malia que o estudo e a implementación desta non é competencia municipal, os concellos poden fomentar e promover este tan necesario debate. Este colectivo segue o camiño aberto polo Colectivo de Renda Básica Universal de Compostela, que no mes de abril de 2018 presentou unha moción similar no Concello de Santiago de Compostela, a cal foi aprobada por maioría.

Queremos salientar que cada vez máis organismos internacionais están a falar do tema. Entre eles, António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas ou a Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos desta mesma organización. Tamén diferentes organizacións políticas, tanto conservadoras como progresistas, como o PAN mexicano, o Partido Laborista británico ou o movemento europeo DiEM25.

O Colectivo Renda Básica da Coruña quere, neste momento, estender o coñecemento da Renda Básica entre a poboación e traballar para que esta sexa unha realidade nun futuro non moi afastado, dotando a toda a cidadanía de medios suficientes para garantirlles a existencia material digna e polo tanto, asegurar a desaparición de vez da pobreza.

A moción será presentada conxuntamente polos grupos municipais da Marea Atlántica e o Bloque Nacionalista Galego, agardando que sexa aprobada por maioría grazas ó voto favorable do Grupo Municipal Socialista.

A Coruña, 4 de outubro de 2018
COLECTIVO RENDA BÁSICA DA CORUÑA

O pleno do Concello da Coruña votará unha moción proposta polo colectivo Renda Básica da Coruña