Podemos | nota de prensa
Podemos denuncia ca asignación das colonias felinas é insuficiente para unha correcta xestión
- As asociacións gastan case o doble sobre a aportación realizada polo Concello
- Reclaman máis compromiso e implicación do Goberno local nun programa que contribúe a mellorar o benestar dos animais
A Coruña. 28 de xuño de 2022. O grupo municipal de Podemos ven de advertir que a asignación que o Concello da Coruña facilita de xeito anual ás protectoras para a xestión responsable das colonias felinas é claramente insuficiente, logo dun encontro coa asociación Gatuchinhos no barrio dos Rosais.
A entidade trasladou que os custos superan con creces o convenio establecido, tendo a asociación que cubrir gastos como a incineración dos animais mortos ou calquera contexto non contemplado, como enfermidades e os medicamentos receitados para cubrir a saúde dos animais.
O Concello da Coruña proporá para este 2022 axudas para cada unha das organizacións colaboradoras, sen comprometerse en serio cun programa que non só contribúe a mellorar o benestar dos animais e reducir o seu número na cidade dun xeito ético, senón tamén a reforzar a convivencia veciñal ao reducir problemas de suciedade, pelexas dos propios felinos e os ruidos.
Unha das circunstancias que non contemplan os convenios actuais é que non existe maior apoio económico se se detecta un incremento dos animais, o que implica máis gastos para a esterilización e alimentación dos mesmos sen que María Pita se preocupe desta alza dos custos.
Faraldo tamén advertiu a carencia de campañas específicas para dar a coñecer o plan de xestión responsable, facendo que todavía haxa veciñanza que rexeite o propio programa ao descoñecer o seu funcionamento e que existan episodios de queixas nalgúns puntos da cidade. Estas iniciativas de sensibilización poderían contribuir a que non exista interferencias nas colonias: Comida non autorizada, lixo en espazos verdes e efecto chamada para outros animais.