Podemos-EU | nota de prensa
Podemos e Esquerda Unida, roteiro por Novo Mesoiro
Podemos A Coruña e Esquerda Unida da Coruña organizan esta xoves 9 de febreiro ás 18:30h un roteiro polo barrio de Novo Mesoiro, para tratar os asuntos que máis preocupan á veciñanza.
Isabel Faraldo e Carmen Armada, candidatas de ámbalas dúas organizacións en conxunto ás Eleccións Municipais de 2023, visitarán as zonas do barrio coa Asociación Veciñal
8 de Febreiro de 2023. Roteiro de Unidas Podemos no barrio de Novo Mesoiro.
A concelleira Isabel Faraldo e Carmen Armada, candidatas de Podemos e Esquerda Unida ás Eleccións Municipais da Coruña en 2023, acompañadas polas súas organizacións e a Asociación de Veciños, visitará o barrio de Novo Mesoiro para falar coa veciñanza, comerciantes e hostelería sobre as súas principais necesidades. Así, a candidatura unitaria Podemos–Esquerda Unida seguirá a percorrer as diferentes zonas do barrio para coñecer de primeira man as súas actuais demandas.
"O noso compromiso desde que aterramos no Concello é cos barrios, principal eixe vertebrador da cidade", comenta a concelleira Isabel Faraldo.
Nese sentido, a visita ten como fin non só testear as inquedanzas da veciñanza para elevar aos próximos Plenos, senon tamén que as realidades barriais sexan recollidas no programa municipal que defenderán no próximo proceso electoral. (modificar un pouco)
"É de agradecer o acompañamento da Asociación de Veciños, que nos achegará mellor á realidade do barrio", declara Carmen Armada.
Animan á veciñanza a amosar o seu sentir neste encontro que terá lugar nas rúas de Novo Mesoiro, este xoves 9 ás 18:30h, saíndo desde o local da Asociación Veciñal.
.