Entrevista a Claudia Delso Carreira, Concelleira de Innovación Democrática, Participación Cidadá, Descentralización de distritos e barrios, Xuventude e Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX).

“Queremos normalizar a participación”

Antes de la Marea el ciudadano de a pie sólo podía participar en el gobierno municipal votando cada cuatro años ¿en qué más puede participar ahora?
Ben, pois pode participar dendos Orzamentos Municipais decidindo directamente en qué quere investir un millón de euros. 

“Queremos normalizar a participación”
A Concelleira de Participación Ciudadana, Claudia Delso
A Concelleira de Participación Cidadá, Claudia Delso

20/09/2016

Dentro do proxecto de Orzamentos participativos que puxemos en marcha por primeira vez na cidade este ano, e que ten vocación de estabilidade. É dicir, que a cidadanía, os veciños e veciñas da Coruña poidan sempre decidir en qué investir unha parte dos orzamentos municipais. 

Poden tamén participar no goberno da cidade participando en calquera dos procesos participativos. Coa xente nova participando no Participadoiro, un exercicio de coproducción de políticas públicas que estamos facendo no EIX o espazo de políticas xuvenís que están no Matadero e que é un espazo estable de participación. 

Ademais os veciños e veciñas poden participar no escano cidadán que é unha canle nova que puxemos en marcha e que permite que calquera veciño, calquera veciña, poida introducir o seu rogo, a súa pregunta, a súa reflexión no pleno municipal dentro da axenda política. E por agora, pode facelo ao final do pleno, porque é o marco reglamentario que temos.

E tamén se pode participar acudindo aos “Dillo Ti” que xa o fixemos no Agra do Orzán e nos Mallos, que son encontros mensuaiss do goberno municipal cos veciños e as veciñas deses barrios e que están abertos a que participe xente de calquera barrio da cidade. O “Dillo Ti” é un formato moi simple e moi próximo, diría, e que ten tamén a potencia e o simbolismo do que debería ser un goberno; que somos 10 persoas, alcalde e 9 concelleiras e concelleiros, que temos a obriga de estar ao día do que ocorre nos barrios. O “Dillo Ti” é un espazo e un tempo que nos permite achegarnos a cada barrio da cidade para escoitar as demandas, as propostas, as preocupacións e tamén os desexos. Moitas veces recibimos moitas demandas pero tamén recibimos reflexións interesantes sobre cómo a xente vive a cidade e o barrio. 

Ao final todas estas canles de participación e de relación parécennos absolutamente necesarios e tamén é necesario que os vaiamos mellorando co aporte dos cidadáns e vaiamos tamén creando canles novas, pero en todo caso necesarios nun sistema democrático con boa saúde e calidade democrática. E debería ser algo completamente normal e habitual e non algo excepcional. Do mesmo xeito que non debería ser algo excepcional que exista unha Concellería de Participación e Innovación Tecnolóxica. E desgraciadamente nesta cidade é a segunda vez que existe unha Concellaría de Participación Cidadá, pero a primeira vez que existe como tal, cunha entidade propia, que como sabedes, encargámonos de activar estes espazos de facilitar e de traballar a favor da participación, no sentido de que a participación é un dereito, pero ten que converterse tamén nun hábito, un hábito democrático para unha cidade como A Coruña. Sabemos que é algo excepcional, pero non o queremos facer algo excepcional, queremos facer algo habitual. Por iso, crear unha concellaría propia, crear unha concellaría transversal. Por iso, darlle esa entidade a unha concellaría que ten a obriga de afectar a toda acción de goberno como área transversal e tamén situar procesos participativos con vocación de irreversibilidade, no bo sentido da palabra, de que os Orzamentos Participativos, os Dillo Ti, os distritos, cheguen para quedarse, independientemente de quen veña despois. 

Cal é, polo momento o maior obstáculo á participación cidadá?

Penso que o maior obstáculo é a resistencia a este cambio que eu considero inevitable. E falo non tanto da Administración como ente que, hai que dicilo, é resistente a cuestións que nunca pasaran; pero aos poucos vaise flexibilizando e vai tendo capacidade de escoita, e nese sentido tamén hai que agradecer e valorar o traballo dos técnicos municipais e neste caso dunha concellaría que cando chegamos só tiña unha persoa coa que traballar. E aos poucos a xente vaise incorporando á concellaría e vai entrando na dinámica de traballo que é diferente á dinámica de traballo doutras concellarías. 

Entón eu diría que o máis complexo, o máis difícil é que teñamos uns grupos da oposición que sexan tan reacios a asumir que os tempos cambiaron e que ben, non foron eles quen puxeron en marcha estas medidas, foi a Marea Atlántica, pero celebrémoslo, porque é unha boa noticia en relación á calidade democrática da nosa cidade. E unha cidade ten que contar cunha veciñanza activa, cunha sociedade civil activa, coproducir políticas públicas, porque quere participar do goberno da cidade, que se afaga a que existan procesos participativos, que nos afagamos a traballar con metodoloxías e que en definitiva, fagámonos cargo, fagámonos responsables todos da cidade na que vivimos cada un desde o seu rol e a súa responsabilidade. 

Respectando os procesos participativos tomaremos decisións mellores que si as tomásemos nos despachos de María Pita sen interlocución coas veciñas e os veciños que ao final saben mellor que ninguén o que se ten que facer nos barrios 

Qué avances na participación imos ter no próximo “curso”?

Pois eu espero poder consolidar a concellaría, que non teñamos que defendernos con tanta insistencia, que se recoñeza e se lexitime, que existe unha Concellaría de Participación que se lexitime; que esa concellaría teña un orzamento digno para poder poñer en marcha os seus programas e que non se utilice tanta demagoxia como se utiliza no sentido de que se falou moito das partidas de publicidade e propaganda e temos que entender que iso é a nomenclatura que ten a nivel presupuestario, pero que nesas partidas estamos falando de comunicar os procesos participativos e os procesos participativos teñen obviamente a comunicación, tamén é un dereito e impórtanos que a xente acuda aos “Dillo Ti” e que a xente acuda a A Porta Aberta. Que a xente saiba que hai unha plataforma como aportaaberta.coruna.es onde a xente pode facer propostas, onde pode votar as propostas que máis lle interesen. E iso significa comunicar de todas as formas que sexan posibles. E para iso necesítase diñeiro. Do mesmo xeito que si queremos ter orzamentos participativos de calidade nos que traballemos metodolóxicamente, necesitamos contratar “asistencias técnicas”, que ese é o nome da partida, que tamén criticouse moito. Pero a mediadora que está no “Dillo Ti” é unha profesional e tamén ten que cobrar como todos comprenderemos. A xente que fai a tradución á lingua de signos no “Dillo Ti” tamén ten que cobrar. A xente que colabora deseñando a metodoloxía dos encontros participativos, dos encontros da Porta Aberta, mentres aquí non haxa técnicos municipais suficientes para poder levar a cabo eses procesos, pois necesitamos contar con esa xente. 

Entón nese sentido eu espero que en 2017 consolídese a concellaría nos espazos de participación. E espero que podamos chegar a consolidar os distritos como espazos de participación e que os fagamos reais, é dicir, que podamos ter un mapa de distritos no que os veciños da cidade da Coruña síntanse recoñecidos neses distritos, asúmanos como propios tanto na división territorial como nos órganos de participación que se establezan. Entón eu espero que en 2017 podamos materializar iso, porque axudaranos a consolidar estas políticas.

Cales son os obxectivos de participación para cando acabe a lexislatura?

Bo, eu entendo que o que acabo de situar como obxectivos de face ao 2017 son obxectivos de lexislatura, é dicir que haxa unhas políticas de participación consolidadas, obviamente entendendo que queda muchísimo camiño por percorrer. 

E que detrás de todo o que estamos facendo hai un labor pedagóxica e un labor de formiguiñas que está aí. E tamén espero que fixesemos un traballo a nivel estructural, a nivel de dentro do Concello, como para que estea integrado un proceso como o dos orzamentos participativos; estea integrado en xeral a cuestión de traballar por retos concretos e podamos chegar a visibilizar todas as canles de comunicación que ten o Concello coa cidadanía e a mellorar esas canles de relación. 

E logo personalmente, contando tamén con que esta concellaría é a Concellaría de Mocidade e creo que o proceso que estamos facendo co participadoiro no EIX (Espazo de Iniciativas Xuvenís) é un proceso moi relevante, aínda pequeno pero con gran potencialidade e tremendo valor en sí mesmo, como dicía antes, un proceso de coproducción de políticas públicas e que xa deu os seus resultados e as súas conclusións tanxibles; no que mozos de distintas idades estiveron participando. A hipótese de partida foi “a mocidade é algo transversal e que ten tamén que estar presente en toda acción de goberno”; bo, pois eu espero que todo iso consolídese e tome forma e podamos falar dunha mocidade máis empoderada e que tamén é capaz de levar a cabo os seus propios proxectos. 

E eu espero que tamén a nivel de retos e a nivel de lexislatura podamos falar de que expandimos e facilitamos e abrimos o uso dos espazos municipais, sobre todo estou pensando nos locais municipais , que acabamos de poñer en orde todo o caos que inicialmente atopámonos e estamos facendo un inventario de locais e sistematizando en qué estado están, como para facer un traballo de coordinación nos seus arranxos, e un traballo de situar baixo qué criterios cédense as cousas. Non só para entidades concretas, senón aí tamén ampliar un pouco a mirada, pensando en que pode e debe haber espazos que se habiliten para proxectos concretos como pode e debería haber espazos que teñan unha xestión diferente (estou pensando e falando en espazos de xestión cívica de xestión comunitaria, de autoxestión e de responsabilidade por parte da cidadanía). 

E que podamos falar de que nesta cidade hai espazos abertos á cidadanía e que realmente a xente pode facer uso deses espazos. Toda a xente coa que xa históricamente está facendo uso deses espazos municipais e a que leva históricamente anos chamando á porta e nunca tivo a posibilidade de usar un local. Que tamén iso é atopémolo normal e que sexa algo, neste caso falo de grupos políticos, no que todos deberiamos estar contentos e contentas de que ese traballo estese facendo. Independientemente de que tampouco se fixo no pasado e de que no pasado cedéronse as cousas e ata se construíron edificios en base a gustos particulares e en base a criterios subxectivos. E iso é algo que unha administración pública non pode permitirse. 

E logo, para terminar e pola parte que me toca desde fai escasamente un mes que teño máis competencias e levo toda a parte tecnolóxica do Concello, creo que aí tamén hai un reto como que ten que ver con toda esa cuestión do software co Smart City e que ten que ver con ser capaces de reconducir todo ese proxecto, visibilizando que a cuestión tecnolóxica ten que ser unha ferramenta a favor de mellora na xestión da administración pública, dos servizos públicos e por extensión, de mellora da vida dos cidadáns. E nese sentido acabamos de recibir a noticia de que escribimos un proxecto en colaboración con 4 cidades, con Madrid, Santiago de Compostela Zaragoza e nós, para levar a cabo unha plataforma de goberno aberto, colaborativa interoperable e iso é unha moi boa noticia para a cidade porque significa que o paradigma de traballo en rede entre cidades é posible, que o paradigma de traballo con software libre na administración é posible e estámolo levando a cabo coa plataforma da Porta Aberta. E que iso nun prazo de tempo máis longo de lexislatura sexa algo introducido na administración pública. Eu creo que niso a administración pública ten a responsabilidade de ser exemplar, de demostrar que os concellos cooperan e van máis aló de localismos, que aproveitan recursos xa desenvolvidos para melloralos e para que, sobre todo, póidanse compartir, replicar, utilizar. E que iso tamén como filosofía é o que nos move e o que estamos aplicando a levar a cabo políticas de participación. Esa concepción de traballo metodolóxico, de traballo que se replica, compártese e a cuestión de produción de coñecemento. 

Iso faime enlazar con outro proxecto que aínda non lanzamos, que temos intención de lanzalo este ano, que é o Laboratorio de Innovación, que sería non tanto un espazo físico como tal, senón un espazo onde se traballa sobre retos da cidade. Onde poden traballar desde asociacións de veciños ata investigadores da Universidade, ata artistas e onde se fai un traballo de reflexión conxunta e onde se fai un exercicio de produción de coñecemento colectivo. Iso aínda soa moi abstracto, pero creemos que ese tipo de espazos tamén desde a Administración temos que fomentarlos e abrilos. Comezaremos este ano cunha convocatoria de proxectos e esperamos que este traballo acompáñenos durante toda a legislatura. 

No caso dos orzamentos participativos comezouse cun millón. A intención é ir aumentando esa cifra ou que quede en algo simbólico?

A intención é ampliar, pero tamén a intención é analizar cómo foi este ano. Sempre insistimos moito na idea de proxecto piloto prototipo, porque é un proceso de aprendizaxe tanto para a cidadanía como para a Administración Pública. E como é un proceso que ten vocación de estabilidade, de chegar para quedarse, necesitamos que todas as partes vaian entendendo o proceso. E é un proceso moi complexo porque estamos falando de orzamentos. E estamos falando dunha cantidade concreta que non se sabe a qué se dedica específicamente, neste caso ata finais de setembro. 

Este ano por agora o balance que facemos é moi bo. Imos ver cando termine o proceso que balance facemos tamén sobre todas as fases. Porque estamos falando dun proceso no que temos a prácticamente todo o Concello involucrado. Entón imos facer unha análise de cómo resultou ese proceso e en función diso valoraremos seguramente facelo antes, si os orzamentos apróbanse en tempo e forma. Porque as datas deste ano foron pésimas mírese por onde se mire. E entón iso tamén nos dará pé para poder valorar, ampliar a cuantía. En todo caso é vontade do goberno ampliar a cuantía e unha vez que os distritos tamén existan, poder facer unha porcentaxe de cantidades específicas por distrito e que cada distrito poida decidir sobre proxectos específicos de distrito. Este ano, ao non ter distritos e ser tamén a primeira vez decidimos facer proxectos de cidade. Independientemente de que hai unha chea de proxectos vinculados a barrios concretos, tamén se podería utilizar a etiqueta de “este proxecto é deste barrio”. E iso é interesante, pero non hai, non houbo este ano cantidades destinadas a barrios en concreto. Aí vai ser a vontade da xente a que determine a que se vai a destinar ese millón de euros. 

Tamén é certo, eu creo que é importante insistir nesta idea: que que se faga unha cousa en Bens, en Nostián é algo que é bo para toda a cidade, independientemente de que en Nostián viva menos xente que en Cidade Vella ou que en Pescadería ou en Monte Alto. E temos que entender que o que se fai en calquera parte da cidade é bo para a cidade enteira. Esta idea do ben común é importante resaltala. Si finalmente a proposta que resulta é dun barrio que históricamente xa recibiu moito financiamento, obviamente o goberno será sensible ás propostas que quedaron fóra digamos. Pero nunca quedan fóra porque realmente todas as propostas que se subiron á plataforma, o goberno municipal recíbeas. E danlle información sobre cales son as demandas da cidadanía, fel mesmo modo que lle dá información o “Dillo Ti”, do mesmo xeito que lle dá información o escano cidadán, ou do mesmo xeito que lle dá información os procesos participativos da Porta Aberta. 

Algunha cousa máis?

Pois que eu agradezo que resulte interesante falar de participación. Que a posta en marcha destas políticas tamén nos faga reflexionar sobre canto participamos, canta implicación temos coa nosa cidade. 

Tamén que reflexionemos sobre a participación como concepto. Agora fálase moito, nunca se falou tanto como ata agora e iso creo que non pode facer que perdamos a noción do que queremos facer. E que non queiramos pasar de 0 a 100, sobre todo nunha cidade na que nunca se apostou por isto dun xeito firme. 

Aquí seguimos facendo o noso traballo, a porta da concellaría está aberta para conversar como estamos conversando e reflexionar sobre o traballo que estamos facendo máis aló de políticas concretas, porque eu creo que tamén este tipo de políticas téñennos que abrir un poquito a mente a reflexionar ata en términos de democracia, e tampouco é casual que o apelido da concellaría sexa Innovación Democrática. 

E que coloquemos a palabra innovación aí e que reflexionemos sobre o que poida significar todo iso. E sobre como cada un podemos aportar para que iso sexa posible máis aló de esixencias particulares ou de hábitos adquiridos ó longo dos anos, etcétera.

Na formulación política da concellaría non sobra ninguén, pero quen queira participar tamén vai ter que poñer do seu parte. E que nós contamos con todo o mundo, e falamos moitas veces coa sociedade organizada e a non organizada

Queremos que chegue o momento no que o dereito a participar sexa un dereito de todos os cidadáns e o goberno municipal ten que facilitar que iso sexa posible para quen está en organizacións como para quen non o está. E así estamos traballando. Si facedes unha análise dos procesos participativos, hai espazos específicos para asociacións veciñais e doutro tipo, pero tamén sempre pensando en facilitar e posibilitar a participación individual de calquera.

“Queremos normalizar a participación”