Sande por Coruña | nota de prensa
Sande aplaude o impacto social de clubes como o Batallador
O candidato coñeceu polo miúdo o proxecto de integración sociodeportiva da entidade dos Mariñeiros
Propón reforzar o deporte afecionado con maior apoio institucional a partires da cesión de equipamentos e convenios anuais
A Coruña. 4 de Abril de 2023. José Manuel Sande, candidato de Por Coruña, a coalición de unidade conformada por Podemos, EU e Alianza Verde, coñeceu o traballo social e deportivo do clube Batallador, unha entidade fundada en 1947 que se reactivou en 2019, tras varios anos de non funcionamento.
A xunta directiva está conformada por veciños do barrio dos Mariñeiros e a partires da súa participación nas ligas de fútbol afecionado da Coruña proporciona unha actividade saudable a ducias de nenas e nenos de diferentes idades, ademáis dunha visión social: Os veteranos sufragan coas súas cuotas a participación dos máis pequenos.
Sande coincidiu coa posición dos responsables do clube, onde o primeiro é amosar valores éticos como o traballo en equipo e a participación do conxunto das persoas, e logo están os resultados sobre o campo, que son secundarios. Así, trátase de empregar o fútbol como unha ferramenta educadora.
Este tipo de proxectos precisa dun decidido apoio por parte das administracións, polo que o candidato comprometeuse a traballar para que clubes como o Batallador poidan dispoñer de instalacións, equipamento e convenios anuais axeitados, tamén recoñecendo o positivo impacto social que xeran nos Mariñeiros e na súa contorna a prol da integración, compañeirismo e actividades saudables.