Marea Atlántica | nota de prensa

Visita ao Bosque de Breogán

A voceira da Marea Atlántica, María García, visitou hoxe o Bosque de Breogán acompañada por representantes da Asociación Veciñal da Urbanización Breogán.
Visita ao Bosque de Breogán
20210323_SGR_bosque_breogan_Z7F8843
Visita ao Bosque Breogán

A Coruña, 23 de marzo de 2021.- Neste espazo natural autóctono está previsto crear un parque para facilitar que a cidadanía acceda a el, debería ser o primeiro dos "Bosques da Coruña", un proxecto para rodear a cidade cun anel de zonas verdes. Pero pese a estar rematado e con todos os permisos, segue enterrado nun caixón na Concellería de Medio Ambiente. E iso que conta con fondos grazas ao acordo entre a Marea Atlántica e o PSOE para a aprobación dos orzamentos 2020. Un acordo que, en marzo de 2021 segue a ter sete de cada dez puntos sen cumprirse.

Tampouco se sabe nada da senda fluvial e a restauración do Río Feáns, unha iniciativa de naturalización que precisamente conectaría o Bosque de Breogán co río, Elviña e o seu castro e os barrios de Novo Mesoiro e Feáns. Este proxecto tamén estaba rematado e cos permisos listos.

Por iso pedímoslle á Inés Rey que saia da súa parálise no que se refire a políticas ambientais e, xa que non ten iniciativas propias, aproveite polo menos as que herdou da Marea Atlántica.

Visita ao Bosque de Breogán