Agenda Cultural
‘A Romaría’, no Monte de San Pedro
O próximo domingo 9 de xullo, ás 14h dará comenzo no Monte de San Pedro, A Romaría, unha iniciativa da Asociación Cultural Vibra, recuperar a cultura das romarías tradicionais, e mesturar a gastronomía de produtos de proximidade coa historia e a música da xente do lugar
O evento comezará ás 14.00 horas cun xantar popular e gratuíto, consistente en dúas paellas feitas con produtos de proximidade --da Cooperativa Millo e Landras da Coruña--. Ás 17.00 haberá unha sobremesa sobre a historia dos barrios da Coruña coa veciñanza. A continuación, ás 18.30horas, terá lugar unha palestra co historiador Eliseo Fernández, que falará da Fuxida do Portiño --feito histórico ocorrido nesta zona durante a Guerra Civil--, á vez que se desenvolverán unha serie de xogos educativos e monicreques do colectivo Katiuskas. Contra ás 19.30 horas, haberá unha intervención teatral e performance a cargo de Lia Pichel e a xornada rematará cunha foliada popular coa Asociación Cultural Son d'aquí, a partir das 20.00 horas, e os concertos de Aida Saada Tribal, Ponxa Intenso e Chotokoeu, que comezarán desde as 21.00 horas.
A iniciativa forma parte do plan municipal de apoio a asociacións e entidades culturais da cidade Cultura de barrio, promovido neste 2017 pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento