Literatura

Luz Pozo recibe a homenaxe da RAG no seu 95 aniversario

Axenda cultural

Luz Pozo recibe a homenaxe da RAG no seu 95 aniversario
Luz Pozo na Asociación Veciñal da Agra este xoves
Luz Pozo na Asociación Veciñal da Agra este ano.

«Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) empezou a publicar os seus primeiros versos sendo aínda adolescente en Las Riberas del Eo, pero o seu primeiro libro, Ánfora, saíu do prelo en 1949. Un ano despois da publicación desta obra saudada con entusiasmo por persoeiros da escena literaria galega e mesmo por Gerardo Diego, foi nomeada académica correspondente da RAG».

Así comeza a biografía que a Real Academia Galega publica estes días sobre a autora e que se pode ampliar aquí. A Real Academia Galega rende homenaxe a Luz Pozo o día do seu 95 aniversario, este venres 21 de xullo. Será na sede da propia institución, á que a autora se incorporou en 1950 e da que é numeraria desde 1996.

Xosé María Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño, Olga Novo, Pilar Pallarés, Olga Patiño, Eva Veiga, a académica Marilar Aleixandre e os académicos Xosé Luís Franco Grande, Salvador García-Bodaño e Manuel Rivas recitarán poemas de Luz Pozo.

Onde

Salón de actos da RAG. R/ Tabernas, 11

Cando

Venres, 21 de xullo

Horario

19.00 horas


 

Luz Pozo recibe a homenaxe da RAG no seu 95 aniversario