Creatividad

Activas e Creativas, III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña

A iniciativa sen ánimo de lucro Ladies, Wine & Design cumpre 3 anos.

• Celebra un evento con Iria Espinosa, cociñeira con Estrela Michelín, Paula Cons, directora de cine premiada nos Mestre Mateo, Iria Prol, deseñadora gráfica e ilustradora parte da Association of Illustrators, e María José Mariño da Axencia Galega de Innovación.

Activas e Creativas, III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña
lwd-iii-aniversario_teaser-15_profile-pic
lwd-iii-aniversario_teaser-15_profile-pic
  • O evento terá lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña o día 10 de xuño ás 19 horas e será retransmitido por primeira vez en liña e aberto a todos os públicos.
  • O evento presencial é exclusivo para mulleres e persoas de xénero non binario, con reserva de praza obrigatoria.

A Coruña, 1 de xuño de 2021 - Os encontros Ladies, Wine & Design cumpren 3 anos na Coruña e queremos celebralo como a ocasión merece. Despois de máis de un ano de eventos en liña, onde conectamos co noso público de maneiras diferentes, é hora de volver ós eventos presenciais. Precisamos volver vibrar xuntas, celebrar 3 anos de actividade e talento feminino, e seguir avanzando. Para iso, temos preparado un evento especial no que contaremos coa presenza de catro mulleres referentes nos seus ámbitos profesionais.

  • Iria Espinosa, chef con Estrela Michelín.
  • Iria Prol, deseñadora gráfica e ilustradora parte de Association of Illustrators.
  • Paula Cons, directora de cinema premiada nos Mestre Mateo.
  • María José Mariño, directora de área de Centros GAIN (Axencia Galega de Innovación) e responsable do CIS.

Remataremos cun debate aberto e un brinde final grazas a El vino del mes. Neste evento participan Gadis, Deputación da Coruña e Sísmica. E colaboran: Reclam, Asociación Galega de Deseño (DAG), Escola Marcelo Macías e Muuhlloa.

O evento terá lugar o próximo xoves, 10 de xuño ás 19:00, na Fundación Luís Seoane da Coruña e, por primeira vez, o encontro será retransmitido en liña e en aberto a todos os públicos a través da plataforma Cultura en Vivo: https://www.culturaenvivo.com/gl/activasecreativas/

O evento presencial é exclusivo para mulleres ou persoas de xénero non binario, con reserva obrigatoria de praza enviando un correo a [email protected] con nome, apelidos, contacto e profesión.

Activas e Creativas, III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña