Literatura

A ciencia ficción chega á Agra da man de Urco

Charla e exposición este xoves na Livraria Suévia a cargo do editor González Ahola.

A ciencia ficción chega á Agra da man de Urco
Urco na AAVV da Agra
Urco na AAVV da Agra.

“Coñecemos os misterios do universo da man de Arthur C. Clarke e Robert A. Heinlein. Reflexionamos sobre nós mesmos nas alegorías de Ursula K. LeGuin. Camiñamos na sombra do antihéroe xunto a Michael Moorcock. Cabalgamos nas ás da escuridade cotiá entre as liñas de Stephen King. Aprendemos do imposíbel posíbel e do posíbel imposíbel nas ficcións de Borges. Intrigamos no noso particular xogo de tronos baixo a atenta mirada de George R. R. Martin. En resumo, fixemos e seguimos a facer incontábeis viaxes interiores e exteriores nas páxinas infinitas do fantástico”, di un dos sete paneis –tiñan que ser sete– da exposición que a Editorial Urco, en colaboración coa Livraria Suévia, ten estes días no local da Asociación Veciñal da Agra e que tanto serve de fondo para un recital de poemas de Luz Pozo coma para a presentación do libro de denuncia apaixonada de Carlos Callón.

A exposición, que leva por título A historia da literatura fantástica, pódese visitar até o 31 deste mes en horario da tarde no local da Asociación, na rúa Entrepeñas, 38.

Este xoves, 18 de maio, Tomás González Ahola, o editor de Urco, ofrecerá unha charla para explicar, en sete pasos, esa historia.

Onde

Livraria Suévia, R/ Vila de Negreira, 32, 15011 La Coruña

Cando

Xoves, 18 de maio

Horario

20.00 horas

Información

https://www.facebook.com/events/204459090068208/


 

A ciencia ficción chega á Agra da man de Urco