Festival Beethoven
A OSG pecha o ciclo Beethoven nos festexos do aniversario
A fin de semana ofrecerá a Sinfonía nº 9, Coral, de Ludwig van Beethoven no quinto dos concertos deste mes. Hoxe mércores, as nº 6 e 8.
A Orquestra Sinfónica de Galicia está de aniversario. Cumpre 25 anos. Dera o seu primeiro concerto un 15 de maio. No ano 92. Así que este luns celebrouno no Pazo da Ópera cun programa que incluía as sinfonías 4 e 7 de Ludwig van Beethoven. En maio, a OSG interpretará o ciclo sinfónico máis famoso da historia da música. Serán un total de cinco concertos. Hoxe mesmo, mércores das Letras, o cuarto.
No programa de hoxe figuran as sinfonías nº 6 e 8. Os concertos ofrécense na Ópera e pódense seguir en directo en calidade HD a través da canle Youtube da OSG.
Programa para o mércores 17
Ás 20.30 horas
(I PARTE)
Sinfonía nº 8, en fa maior, op. 93
Allegro vivace con brío
Allegretto scherzando
Tempo di menuetto
Allegro vivace
(II PARTE)
Sinfonía nº 6, en fa maior, op. 68, Pastoral
Espertar das alegres impresións que se teñen ao chegar ao campo. Allegro ma non troppo
Escena ao borde do regato. Andante molto mosso
Alegre reunión de campesiños. Allegretto
Tormenta, tempestade. Allegro
Canto dos pastores. Acción de grazas despois da tormenta. Allegretto
O ciclo culminará coas dúas sesións dos días 20 e 21 de maio nas que ofrece por partida dobre a Sinfonía nº 9, Coral, coa presenza da soprano Ainhoa Arteta, a mezzo Maite Beaumont, o tenor Gustavo Pena e o baixo Josep Miquel Ramón, todos eles acompañados polo Coro da OSG.
Programa para o sábado 20 e o domingo 21
Sábado ás 20.00 horas
Domingo ás 18.00 horas
Sinfonía nº 9, en re menor, op. 125, Coral
Allegro ma non troppo, un poco maestroso
Molto vivace
Adagio molto e cantabile
Presto – Allegro assai
Presto, O Freunde nicht diese Töne.
Máis información
https://www.facebook.com/sinfonicadegalicia/?nr