Os mércores e xoves do mes de xullo no Fórum Metropolitano ás 22:00 h cita con "CULT-MOVIES", ANO SEIS
Cinenterraza: Cult-movies ano 6
Este sexto ano de CULT-MOVIES é o da consolidación da actividade e do formato, que desde o ano anterior proxéctase en 35mm con enorme éxito de público.
É crucial esta aposta polo "vello" en pleno 2018 porque queremos transmitir a idea de que hai obras que son atemporais, e o que se renova é a visión que podemos exercer sobre elas. Por iso pensamos que é unha mostra de respecto cara ao noso público poder ofrecerlle os filmes no formato no que foron concibidos. A modernidade poñerana a visión dos invitados aos coloquios posteriores á proxección, todos eles representantes de diversos campos da cultura do aquí e agora, como a novísima realizadora Anxos Fazáns, o fotógrafo e cineasta Tono Mejuto, a investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza ou a escritora Dores Tembrás.
Así, volveremos ver (ou descubriremos) obras do calado da irrepetible 'A noite do cazador', único filme de Charles Laughton, a xoia oculta 'A ascensión', da cineasta rusa Larisa Shepitko, a obra mestra do cinema mudo 'Amencer' de F. W. Murnau ou a irreverente 'O sentido da vida', dos xeniais Monty Phyton.
Tamén proxectaremos unha das obras maiores do cineasta francés Eric Rohmer, 'O raio verde', a avasalladora ' Mamma Roma' de Pier Paolo Pasolini e comprobaremos se 'O silencio dos cordeiros' xa gañou o seu status de "filme de culto" 27 anos despois da súa estrea. Todas elas conforman unha ollada plural e necesaria ao pasado desde o máis rabioso presente.
- Cando: Dende o 04/07/2018 ata o 26/07/2018
- Horario: Mércores e xoves ás 22:30 h * Excepto o mércores 25 festivo, que non haberá proxección.
- Prezo: 3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)
Día 4: THE NIGHT OF THE HUNTER de Charles Laughton
Coloquio con Dores Tembrás (escritora)
Día 5: SUNRISE de F.W.Murnau
Coloquio con Tono Mejuto (fotógrafo e realizador)
Día 11: MAMMA ROMA de Pier Paolo Pasolini
Coloquio con Sabela Mendoza (investigadora e xestora cultural)
Día 12: MONTY PHYTON´S THE MEANING OF LIFE de Terry Jones e Terry Gilliam
Coloquio con Nico Campos (guionista realizador e presidente da AGAG)
Día 18: LE RAYON VERT de Éic Rohmer
Coloquio con Anxos Fazáns (realizadora)
Día 19: VOSKHOZHDENIYE de Larisa Shepitko
Coloquio con Ana Domínguez (codirectora do Festival S(8) e realizadora)
Día 26: THE SILENCE OF THE LAMS de Johathan Demme
Coloquio con Andrés Goteira (realizador)
* Todos os filmes proxectaranse en VOS en castelán e formato 35 mm.
VENDA DE LOCALIDADES
- Venda anticipada: na conserxería do Fórum de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h
* Unicamente para as películas da semana
- Venda no despacho de billetes: mesmo día da proxección desde media hora antes
* Unicamente se quedan entradas dispoñibles