Axenda cultural

Conferencia: A depuración do maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936- 1945)

O historiador Jesús M. García relatará a depuración que sufriron miles de mestres na provincia de A Coruña, traballo que se recolle na nova publicación da Fundación Luís Tilve

Conferencia: A depuración do maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936- 1945)
52548514_10213902917994179_924123932414443520_o
La depuración del magisterio nacional

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019.- O historiador e xornalista Jesús Manuel García Díaz, dará unha conferencia este martes, día 12 de febreiro, ás 19:00 horas, no Centro Universitario de Riazor (R/ Almirante Lángara, s/n. A Coruña), na que explicará o proceso depurador que sufriron miles de mestres na provincia de A Coruña e que forma parte da súa tese doutoral, publicada recentemente pola Fundación Luís Tilve, organizadora do acto.

A conferencia, A depuración do Maxisterio Nacional na provincia de A Coruña (1936-1945), contará tamén coa intervención do exsecretario xeral da Federación de Traballadores da Ensinanza de Galicia e Secretario da Fundación, Roxelio Pérez Poza, que falará dos movementos asociativos, sindicais e pedagóxicos que sufriron a represión.

O acto servirá de presentación pública da obra do mesmo título; unha exhaustiva e meticulosa investigación de máis de dous anos na que se consultaron arquivos de toda España e que deron como froito o traballo máis completo sobre o proceso depurador da ensinanza en Galicia. O libro contén ademais numerosas anécdotas e historias reais de mestres que sufriron as consecuencias da loucura colectiva que supuxo a persecución e limpeza ideolóxica dun colectivo cuxo único delito foi o seu compromiso coa transformación dun país a través da renovación pedagóxica e a educación.

  • Día : 12 de febreiro de 2019.
  • Hora : 19:00 horas
  • Lugar: Centro Universitario de Riazor (R/ Almirante Lángara, s/n. A Coruña)
Conferencia: A depuración do maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936- 1945)