Cine e música
Dous monstros toman a Ópera
Fausto, de Murnau, abriu a Mostra de Cine Periférico. Agora chega a quenda de Robe Iniesta.
“Perdí la dignidad y el sentido del honor,/ y no lo siento./ Dirán que deserté y que no tuve valor,/ quizá sea cierto”, confesa Robe Iniesta en Destrozares, unha das cancións máis recoñecibles polos milleiros de fieis de Extremoduro. O líder da máxica banda de rock progresivo, eles din, vén ata Coruña con outros músicos e un espectáculo baixo o título inquietante de Bienvenido al temporal. Será o próximo venres, 2 de xuño, no mesmo escenario de Fausto+OSG. Se os piares do Pazo da Ópera son quen de resistir ao primeiro dos venres monstruosos, asistirán a outra xornada bestial. E quen teña cartos para pagar as entradas, tamén. Sorte!
Non hai que perder moito tempo en buscar cualificativos para Robe (e Extremoduro) son a mellor banda de rock español deste tempo e desde hai tempo.
Onde
Pazo da Ópera
Cando
Domingo, 4 de xuño
Horario
21.00 horas
Prezos
Desde 65 euros a 38 euros.
Máis información
http://www.palaciodelaopera.com/index.php/esp/agendatotal/robe_iniesta_bienvenido_al_temporal/
Acompañan a Robe Iniesta: Carlitos Pérez (violín), David Lerman (clarinete), Álvaro Rodríguez (piano), Alber Fuentes (batería) e Lorenzo González (coros).
Fausto, filme dirixido por Friedrich Wilhelm Murnau en 1926, inaugura a oitava edición da Mostra de Cine Periférico da Coruña. A Sinfónica de Galicia interpretará a música durante a proxección.
Pode que a etiqueta periférico sexa unha esixencia dos promotores culturais para vender o produto. Probablemente a ninguén se lle tería ocorrido situar a un filme como este en ningún lugar das marxes do cine. Fóra brincadeiras, Fausto é cousa seria. Co tempo, converteuse en canon. Aí están Eisenstein, e detrás del, Ford e Welles, e mesmo Coppola que asinou un xenial reamake de Nosferatu. O cine impresionista alemán dos vinte pariu a xente como Murnau, Pabst e Lang, e deles mamaron Lubitsch ou Von Stroheim. O canon empezou lá, nese ben definido embigo do mundo de entreguerras, entre demos e deuses monstruosos, sombras tenebrosas e amores en flor.
Onde
Pazo da Ópera
Cando
Venres, 26 de maio
Horario
20.30 horas
Prezos
Desde 27,5 euros. Descontos para desempregados e xubilados.
Máis información
MUSICA de Jesús Torres. DIRECTOR: José Ramón Encinar SOPRANO: Ilduara Perianes. MEZZOSOPRANO: María Rivera.