Música
Galicia Molona pecha a temporada musical con EQX e Jaunx na sala Filomatic
- A Asociación Cultural Galicia Molona pon fin á temporada 21/22 con dúas das propostas máis atractivas da escena emerxente galega.
- Sábado ás 22h na sala Filomatic
A Coruña. 13 de maio de 2022. Este sábado a Asociación Cultural Galicia Molona celebra o último evento da tempada musical 21/22, con EQX e Jaunx como protagonistas; ás 22h na sala Filomatic. Según fontes do colectivo serán os últimos concertos ata o vindeiro mes de outubro, no que regresarán coa proposta máis grande que organizaron ata o momento.
EQX é un dos grupos máis transgresores da escena galega. Electrónica experimental, avant-pop... narrativa poética e visuais certamente elegantes. Paula (voces), Ramiro (produtor) e Martiño (responsable visual) conforman un trío que conxuga á perfección ritmo, beleza e vangarda.
Unha oportunidade perfecta para gozar dun espectáculo audiovisual de moitos quilates.
Jaunx é o proxecto do produtor e compositor Alejandro Pacheco Pavón. Música hyperpop que supón un soplo de aire fresco no pop galego. Recentemente foi finalista do concurso "La Batalla de Bandas y Solistas Emergentes", de radio Cuac.
As entradas están disponibles en https://galiciamolona.com/entradas/ e tamén se poderán adquirir na sala o día do concerto.
- Ligazóns: