Axenda cultural
Presentación do documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”
O xoves 4 de Outubro ás 20h na A.C. Alexandre Bóveda, (Rúa Olmos, 16, 1º ) preséntase o documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”.
Este documental foi gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.
O documental Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras é a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos primeiros anos do século XX en Galiza. Traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar e axiña descubriron que o salario que recibían era algo máis que só un feixe de billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes incluso de que ese concepto chegara a Galiza.
Este documental foi gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.
- Ano de produción: 2018
- País de produción: Galiza
- Guión: Marina Chiavegatto
- Fotografía: J. S. Raimundi
- Montaxe: Marina Chiavegatto, Millán Castro
- Música Hugo Gómez-Chao
- Duración: 40 minutos