Viñetas desde o Atlántico

Unha segunda sesión de firmas e as charlas dos debuxantes Teresa Valero e Pepe Larraz poñerán o broche final ás actividades da XXIV edición de Viñetas desde o Atlántico

A segunda e última sesión de firmas celebrarase mañá sábado entre as 12 e as 13.30 horas no lateral ou no interior da carpa de actividades situada na feira editorial, segundo a climatoloxía. Debido ás restricións sanitarias, só poderá acceder un  afeccionado por autor ou autor- tandem de cada vez e haberá un número limitado de solicitantes de firma, por orde de chegada, que haberán de facer cola no exterior. 
Unha segunda sesión de firmas e as charlas dos debuxantes Teresa Valero e Pepe Larraz poñerán o broche final ás actividades da XXIV edición de Viñetas desde o Atlántico
Contrapaso
Contrapaso

O apartado de súper heroes que nunca falta en Viñetas está a cargo do debuxante madrileño Pepe Larraz, un dos máis destacados contistas españois que traballan para o mercado estadounidense. A súa obra pode verse na sala de exposicións Palexco. A charla co representante do universo Marvel será no Kiosco ás 18.15 horas 

A guionista e debuxante madrileña Teresa Valero é a autora dun dos fenómenos editoriais da tempada, “Contrapaso” (Kiosco Alfonso). A obra narra en formato de novela negra unha trepidante historia que nos mergulla na España franquista dos anos 50 e aborda asuntos de plena actualidade coma o roubo de nenos. A súa charla será ás19.30 horas 

A Coruña, 13 de agosto de 2021.- Os afeccionados teñen mañá unha nova oportunidade para acadar que algún dos autores do cadro de invitados da XXIV edición de Viñetas desde o Atlántico lles asine un exemplar das súas obras. De 12 á 13.30 horas celebrarase na carpa de actividades situada na feira editorial. Debido ás restricións sanitarias, só poderá acceder un  afeccionado por autor ou autor- tandem de cada vez e haberá un número limitado de solicitantes de firma, por orde de chegada, que haberán de facer cola no exterior. Participarán todos os debuxantes que expoñen obra esta edición agás Das Pastoras, quen non puido desprazarse ata Coruña. 

 Xa pola tarde, o debuxante español de súper heroes do universo Marvel Pepe Larraz (18.15 h) e a autora do fenómeno editorial Contrapaso, Teresa Valero (19.30 h), poñen fin ao calendario de charlas.  

A asistencia á sesión de sinaturas e mais as conferencias estará suxeita ás normas sanitarias que inevitablemente as limitan. Ambas as actividades poñerán o broche final a esta nova edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, que igual que en 2020, estivo marcada pola nova normalidade derivada da pandemia Covid-19. Así, á sesión de firmas só poderá acceder un número concreto de persoas, por orde de chegada. Os autores atenderán un afeccionado de cada vez. Aqueloutros terán que agardar a súa quenda provistos de máscara e mantendo a distancia de seguridade. Tamén o aforo para asistir ás charlas con Larraz e Valero estará limitado a 18 asistentes. Os interesados deben de apañar os pases media hora antes das charlas. Unha vez completado ese grupo de dezaoito xa non se expedirán máis. Os que non poidan acceder teñen a alternativa de seguilas en youtube, a través do portal web do festival (vinetasdesdeoatlantico.com), onde quedarán aloxadas, coma o resto das deste Viñetas 2021. 

O apartado de súper heroes que nunca falta en Viñetas está a cargo do debuxante madrileño Pepe Larraz, un dos contistas españois que traballan para o mercado estadounidense. A súa primeira colaboración con Marvel data do ano 2010, cun número de New Avengers: Luke Cage. Tras desa primeira toma de contacto, Larraz foi desenvolvendo a súa carreira como debuxante de cómic para a editorial en coleccións como Spidergirl, Thor ou Wolverine, the X-Men. É ademais o responsable, xunto ao guionistas Jonathan Hickman, da revitalización dos mutantes de House of X.. Hoxe en día, Larraz é unha figura consagrada do denominado universo Marvel. A súa obra está no Palexco. 

A guionista e debuxante madrileña Teresa Valero, nomeada aos premios Eisner deste ano, é a autora dun dos fenómenos editoriais da tempada, Contrapaso. A vida dos outros (Kiosco Alfonso). A obra narra en formato de novela negra unha trepidante historia que nos mergulla na España dos anos 50, en plena ditadura franquista, e na que toca temas de plena actualidade coma o roubo de bebés ou a loita polos dereitos da muller. Todo, por riba, desenvolvido co aire do xornalismo de sucesos da época, que encarnara El Caso. A carreira profesional de Valero, que repite en Viñetas, está moi ligada ao sector da animación. É unha das fundadoras, xunto con Juan Díaz Canles, Anxo Martín e Juan Carlos Moreno, do estudo Tridente Animación, onde realiza traballos para diversas series (Nanook, Curto Maltés ou Cédric) e longametraxes (Astérix e os ViquingosThree Wise Men ou Becassin). 

A XXIV edición do Salón Internacional de Cómic pecha as súas portas este domingo. Rematan as actividades. Os convidados retornan aos seus lugares de residencia mentres os libreiros e editoriais levantan as súas casetas e as personaxes de cómic deixan as rúas para volveren aos seus cuarteis de inverno. Si seguirán abertas ao público as exposicións. As mostras do Kiosco Alfonso, Palexco, Pazo de María Pita e Sala Salvador de Madariaga poderán seguir visitándose ata o 5 de setembro.  

Unha segunda sesión de firmas e as charlas dos debuxantes Teresa Valero e Pepe Larraz poñerán o broche final ás actividades da XXIV edición de Viñetas desde o Atlántico