Música

A terceira edición do festival Resis acolle o regreso aos escenarios do ensemble Vertixe Sonora e da pianista Magdalena Cerezo

O evento, que se desenvolve baixo o título Algoritmos Sonoros, ofrece a súa programación na fundación Luis Seoane e en streaming dende as súas redes

A terceira edición do festival Resis acolle o regreso aos escenarios do ensemble Vertixe Sonora e da pianista Magdalena Cerezo
Resis int
Resis 20 Festival de música contemporánea A Coruña

O festival Resis de música contemporánea e artes relacionadas avanza na súa terceira edición, trala inauguración o pasado 1 de xullo da man do artista Marc Vilanova e a súa proposta “Aresta”, seguida o 4 de xullo do concerto “Il legno e la parola” do percusionista Noè Rodrigo .

O festival Resis, que se celebra integramente na fundación Luis Seoane, viuse obrigado en primavera a pospoñer a súa celebración por mor do estado de alarma e a adaptar algunhas das súas propostas á nova situación. O resultado é esta programación na que teñen lugar, ademais, varios regresos aos escenarios, como é o caso das artistas que participarán nos vindeiros días no festival:

  • 18 de xullo: concerto de Vertixe SonoraSofferte...Lontano
  • 31 de xullo: concerto de clausura de Magdalena CerezoGran Torso

Ademais, ata o 31 de xullo pode visitarse a instalación sonora Aresta, de Marc Vilanova, na que se suman son, luz e automatismos coa música como protagonista.

As prazas para todos os concertos, limitadas polas medidas de prevención sanitaria, están esgotadas practicamente dende o comezo do festival. Por esta razón, a organización de Resis -encabezada polo seu director artístico, o compositor coruñés Hugo Gómez-Chao Porta- decidiu nesta edición compaxinar a música en directo de maneira presencial coa posibilidade de facelo mediante streaming a través da súa páxina de Facebook.

A terceira edición do festival Resis acolle o regreso aos escenarios do ensemble Vertixe Sonora e da pianista Magdalena Cerezo